lunes, 22 de junio de 2015

CARNÉ XOVE



É unha tarxeta persoal e intransferible á disposición dos mozos/as galegos entre 12 e 30 anos. Ten unha vixencia de dous anos a partires da data de expedición.
Con este carné o voso/a  fillo/a obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40  países europeos adheridos ao programa do Carné Xove. .

  • Campamentos da Xunta
  • Cines
  •  Diferentes establecementos.

Os establecementos adheridos podédelos identificar co símbolo.


Os mozos e mozas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, terán dereito á expedición gratuíta deste carné.
Para facelo tedes que  cubrir un impreso de solicitude, acreditando a túa identidade co DNI ou pasaporte e pagar 6€ mediante o impreso das taxas
O carné xove pódese facer en:

  • Servizos de Xuventude dos Departamentos Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar. 
  •   Nas Oficinas municipais de información xuvenil 

Os posuidores do carné xove tedes un seguro de balde que cubre un  importante  número de continxencias.Aquí tedes algún exemplos, hai moitos máis:

  • Pago ou reembolso dos gastos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos e de    hospitalización no estranxeiro.
  • Roubos e danos á equipaxe.
  • Roubo das chaves da vivenda habitual do asegurado.
  • Cancelación da viaxe por folga.
  • Etc.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CEE A BARCIA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Déixanos un soño