sábado, 2 de mayo de 2020

TRABALLANDO NA CASA: 3º NIVEL (AULAS 3 - 5 BLOQUE IV)

Ola rapaces e rapazas!
Que tal estades?. xa podemos saír a dar un paseo, así que queremos que vos animedes a dar un paseo diario.. Hai que facer exercicio!. Deixámosvos tarefas para realizar esta semana. 
Un saúdo.
Hola chicos y chicas!. ¿Qué tal estáis?, ya podemos salir a dar un paseo, así que queremos que os animéis a dar un paseo diario. Hay que hacer ejercicio!. Os dejamos tareas para realizar esta semana. Un saludo.

PARA EMPEZAR: 
Xa recibimos algunhas cancións para empezar o día (Moitas grazas Laura!)
RUTINA DIARIA: 
Seguimos a traballar as rutinas diarias (actividades semanas anteriores). 
E temos unha nova proposta (moi orixinal e que está a realizar unha familia). Imos facer un diario onde iredes contando o que facedes ao longo do día, aquelas cousas que consideredes especiais!. 
E co seu permiso, utilizaremos o modelo: 


ACTIVIDADES: 
A continuación indicamos diversas actividades a realizar: 
1- LECTURA (COMPRENSIÓN ORAL E ESCRITA) 
  • CONTO 
Juan, o mestre da aula 9, elaborou un conto precioso sobre os cans que visitan o noso centro. Podedes ver o conto aquí: 

Lede o conto 2 veces (ou máis se queredes) a continuación facede estes exercicios de comprensión do conto:


Queremos que nos contedes cal é o voso conto preferido e que nos fagades un pequeno resumen do mesmo, contándonos de que trata o conto. Escribídenos ao blog ou ao correo electrónico para contarnolo!. 

  • INICIACIÓN Á LECTURA 
Repasamos o traballo realizado na semana pasada. 
Traballamos estas novas sílabas “TA – TE – TI – TO - TU”. 

Que vos parece se facemos un abecedario orixinal!. Mellor dito, temos que facer dous, xa que en Galicia temos dúas linguas (o galego e castelá). Unha vez que os rematedes tedes que responder a esta pregunta: 
Existen diferenzas entre os abecedarios?, Cales son? 
Na rede hai abecedarios moi orixinais e divertidos: 

      • ABECEDARIO EN CASTELÁ: Fai clic AQUÍ
      • ABECEDARIO EN GALEGO: Fai clic AQUÍ
  • COMPRENSIÓN: 
Elixe a resposta correcta en función do debuxo:


2- HABILIDADES MOTRICES COAS MANS. 

  • FICHAS DE GRAFOMOTRICIDADE (en caso de non dispoñer de impresora en casa podedes copiar as fichas). 
3- ACTIVIDADES DE ATENCIÓN, PERCEPCIÓN E MEMORIA: 
4- CONCEPTOS MATEMÁTICOS: 
Damos continuidade ás actividades propostas a semana pasada. 

E para o alumnado da aula 3, preparados para sumar! 

  • Realizar as seguintes contas colocándoas previamente, en vertical: 
440 + 558= 

820 + 462= 

999 + 113= 

5 + 265= 

393 + 31= 

68 + 77 + 32= 

52 + 46 +71 = 

831 - 515 = 

778 - 235= 

605 - 324= 

5- O XORNAL 
Continuamos a traballar o xornal como as semanas pasadas. 
6- VOCABULARIO 
Cada un/una de voso ten que completar esta táboa e enviala ao noso correo.


  • COÑECEMOS AOS SERES VIVOS

A continuación traballaremos o tema nos enlaces siguientes: 
Non vos esquezades que Jorge (Educación Física), Marta e Telmo (Educación Musical), Rita (Relixión) e Javier (AL) tamén vos mandan actividades!. As Fisioterapeutas e os Educadores tamén deixaron traballo!.

Podedes descargar as actividades en galego e castelán aquí:
CASTELÁN


GALEGO

No hay comentarios: