Ola rapaces e rapazas!!!.
Como vai todo?.
Mandámosvos unha serie de actividades para facer na casiña. Agora xa queda menos para volver a vernos.
Un biquiño!!!.
Hola chicos y chicas!!!
Como va todo?. Os mandamos una serie de actividades para hacer en casa. ahora ya queda menos para volver a vernos. Un besito
Os titor@s do 2°nivel.
1.- Debemos seguir traballando a motricidade fina, tan importante para o voso desenvolvemento, con actividades como estas:
2.- Apetécevos cociñar unhas receitas super divertidas?. Aí vos deixamos algunhas suxerencias que podedes facer en familia.
3.- Como o día 23 de abril foi o día do libro, suxerímosvos estes interesantes e divertidos pictocontos de “Ricitos de Oro” e “Los tres cerditos y el lobo”
A ver se vos gustan!!!!
- Ricitos de Oro
- Los tres cerditos y el lobo
4.- E tamén celebrando o Día do libro, dende o portal AULAS GALEGAS, podemos realizar un divertido xogo de contos que realizou a nosa compañeira Mila: contos con estrela ;)
5.- Unha das vosas profes tamén aproveitou para lervos un dos seus contos favoritos.
Gustouvos o conto? Piti ese día tivo moitísima sorte!!! Tras escoitalo, podemos colorear este fermoso caracol na súa honra.
Agora faremos algo máis complexo, do mesmo xeito que coloreamos a lámina anterior, cunha cera, rotulador ou lapis tentaremos seguir a contorna do debuxo de Piti. Para realizar esta actividade é precisa moita concentración e tranquilidade, ánimo!
Tamén buscaremos nesta secuencia de personaxes do conto de Piti, o intruso que se agocha. Quizais sexa preciso volver a ver o vídeo para localizalo mellor e sermos mellores detectives ;)
Por outra banda, dado que nas anteriores ocasións quedou claro que a Poesía era a mellor forma de ver, imos ratificalo con este fermoso poema (que logo pegaremos na nosa parede próxima ao noso escritorio de traballo).
6.- En relación coa reciclaxe podemos reutilizar os tubos de papel hixiénico e facer estas preciosas manualidades. Que vos parece?
7.- Aquí vos deixamos unhas actividades para traballar a forma e as cores:
8.- Apps para a tablet:
a) Comunicadores:
- Puzzles animales para niños:
- Colorear y pintar para niños
c) Vocabulario-lectoescritura:
d) Emocións
- José aprende
9.- Actividade para traballar coa atención - discriminación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario