sábado, 23 de mayo de 2020

AULAS 9 E 10. 1º NIVEL BLOQUE VI (Traballando na casa)

Ola nenos e nenas:
Esperamos que esteades moi ben (e as vosas familias tamén). Queredes aprender xogando?, pois aló imos!
Hola niños y niñas:
Esperamos que estéis muy bien (y vuestras familias también). ¿Queréis aprender jugando?, pues allá vamos!
  • 1ª ACTIVIDADE: Vehículos. “Larry y los huevos sorpresa” 
  • 2ª ACTIVIDADE: Animales. “Larry Huevos Sorpresa” 
  • 3ª ACTIVIDADE: Colores. 
  • 4ª ACTIVIDADE: Figuras geométricas 
  • 5ª ACTIVIDADE: Sonidos de animales 
  • 6ª ACTIVIDADE: Un poco de todo 
  • 7ª ACTIVIDADE: Animales Vertebrados e Invertebrados (Actividad que no la tienen que hacer todos) 


  • 8ª ACTIVIDADE: Contacontos do libro “Mamá” de Kalandraka Tv 
Suxerencia: ao final do contacontos, a autora Mariana Ruíz Johson, presenta unha actividade de manualidades moi sinxela para facer cos vosos fillos/as con materiais que teñades por casa. 
Moito ánimo!!!! (se vos atrevedes, podedes mandar as vosas creacións ao correo do colexio cee.barcia@edu.xunta.gal)

  • 9ª ACTIVIDADE: A continuación imos a traballar a discriminación visual buscando a imaxe que é diferente. 
  • 10ª ACTIVIDADE: Conceptos básicos 

  • 11ª ACTIVIDADE: Actividades para axilizar a representación dos estímulos visuais inconscientemente (de xeito case intuitivo). 
    • Obxectivo: identificar perigos, alimentos e poder acadar recompensas. 
    • Método: traballar o subconsciente para evitar os erros. 
Xogar co olfato e as cores. 
Nesta actividade poñemos tras unha separación, como pode ser unha caixa de cartón, un plátano que previamente estivo preto do nariz do neno, e preguntámoslle: Onde está o papel amarelo como o plátano?. 
A mesma actividade podémoslla facer cun limón. 
Outro exercicio sería trocar a ficha amarela por unha verde e no sitio do plátano poñer un terrón de herba ou musgo. Nesta ocasión preguntaríamos: Onde está o papel verde como a herba? 
Deste tipo podemos facer varias actividades repasando as cores do parchís (amarelo, verde, azul e vermello).
Asociación visual. 
Nesta actividade podemos ensinar unha foto do pai/nai cun xersei de cor verde, cor que nese momento debe vestir, e logo preguntarlle: Onde está a ficha verde como papá/mamá? (lóxicamente si non temos xersei ou camiseta verde utilizamos outra cor para a actividade, o ideal sería utilizar unha cor que se utilizara moito na casa).
Asociación sonido obxecto. 
Nesta actividade poñemos un son de fondo, neste caso o ruído dunha pandeireta, si non o tedes poderes utilizar a do vídeo que enviei nas actividades da semana pasada1, e logo decímoslle ó neno -colle a pandeireta.
A mesma actividade a podemos facer con outros obxectos, máis adiante (e despois de varias repeticións) con fotos. Por exemplo a foto dun familiar e poñemos de fondo a voz co móbil do familiar. 
Asociación con xoguetes. 
Neste caso poñemos dúas fotos/debuxos, unha foto calqueira ou debuxo e outra dunha moto e facemos o son da moto (ou ruído co móbil). O neno ten que coller a moto.


En todas as actividades temos que intentar distraelo co ruído de fondo ou co olfato ou doutro xeito para que o neno actúe instintivamente. 
Asociación foto emocións. 
Temos que colocar dúas fotos (poden ser de familiares ou copias das que adxunto), temos que facer que choramos e mandarlle ó neno que sinale a foto do neno que chora, do que está triste.

Sentado/acostado. 
Xogar a encher baleirar recipientes. Acompañar sempre coas palabras dentro e fora. 


DESCARGA DE ACTIVIDADES

No hay comentarios: