viernes, 29 de mayo de 2020

RESPIROS FAMILIARES FADEMGA

A Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento. (FADEMGA) a partir do día 17 de xuño, retoma o servizo de estancias programadas de respiro familiar, aínda que con certas modificacións. 
A previsión é realizar estancias con só 3 usuarios, con ratios 1/1 para asegurar o máximo posible as precaucións que esixe a nova situación, e cunha duración de 3 días, dado que consideran que esta é a duración máxima na que poden garantir unha alerta axeitada por parte dos traballadores para cumprir con todas as medidas hixiénicas e de seguridade. 
As estancias faranse en diferentes localidades á vez (zonas de A Coruña, Santiago e Vigo ou o máis próximo que poidan. Tentarán tamén facer algunha estancia na zona norte de Lugo, pero, de momento, non poden garantilo debido á falta de dispoñibilidade de instalacións. 
Cada familia optará só ás estancias máis próximas ao seu domicilio ou, no caso de que haxa algunha localidade que quede baleira e noutra haxa moitísima demanda, dende FADEMGA tentarán reorganizar os grupos, pero en ningún caso a familia poderá elixir a cidade á que quere ir. 
O transporte, tamén para garantir normas de seguridade na recepción de participantes e facilitarllo ás familias, farase dende FADEMGA. Irán a buscar aos participantes ao seu domicilio ou a un punto concreto da súa localidade e irán tamén a levalos ao finalizar a estancia. 
Seguramente establecerán algún tipo de protocolo para os participantes: certificado de que non teñen febre nin síntomas compatibles co COVID, necesidade de traer medidas de protección aqueles que poidan utilizalas, necesidade de traer toda a roupa recen lavada e suficiente para non repetila ningún día… 
FADEMGA desexa saber a vosa opinión sobre está proposta e informarvos de que dado que a redución de grupos, o aumento da ratio e o aumento de estancias vai a supoñer un incremento do coste do servizo, 
Para máis información debedes contactar vía telefónica coa entidade. 
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

No hay comentarios: