jueves, 31 de mayo de 2018

O PAXARIÑO (Poesía)

Queremos compartir con todos e todas esta poesía que creou Carmen (mestra do cole) para o "Día das Letras Galegas". A poesía é preciosa e con moito sentimento, pero teríades que escoitar o seu recital e a expresividade coa que o fixo.
Queremos compartir con todos y todas esta poesía que creó Carmen (profesora del centro) para el "Día das Letras Galegas". La poesía es preciosa y con mucho sentimiento pero tendríais que escuchar su recital y la expresividad con la que lo hizo.


Quen puidera paxariño
Contigo voar
Piar ao teu carón e o ceo surcar
Quen puidera coas teus ollos mirar
esas fermosas paisaxes
o meu fermoso lar.
Quen puidera saltar
Como ti o fas.
Quen puidera piar
para me expresar
Quen puidera oírche
ese fermoso cantar.
Máis non podo paxariño,
non te podo imitar.
Non podo darche a comida
nesta miña man.
Pero sabes que, paxariño?
Hai algo que nunca me poderán sacar,
É a capacidade de poder soñar.
Soñarei esperto cos teus rechouchíos
xogarei contigo a pillar.
Brincarei de ledicia ao teu lado
e cantarei para me aledar.
Serei libre coma o vento
Meceranme as ondas do mar
Eu non quero paxariño
de este sono espertar




No hay comentarios: