Como non podía ser doutro xeito, no noso colexio celebramo-lo día con diversas actividades:
-Ó longo da mañá, tivemos sesións de contos a cargo da nosa contacontos de cabeceira, a mestra María, que contou tres contos preciosos relacionados coa Paz.
-Despois do recreo, e aproveitando o bo día que facía, todo o colexio reuniuse no patio para soltar as pombas mensaxeiras, que levaban nos aneis das súas patas mensaxes de paz que chegaron ata Narón.
-Empregando o mural que fixeron os nosos rapaces, estampamos as nosas mans pintadas de cor branca. Ademáis, aproveitando a ocasión tamén collemos pancartas nas que reflexamos distintos sinais de paz.
-A continuación, dirixímonos ao salón de actos para facer unha sesión de contacontos relacionada có día da paz. Aproveitando os medios audiovisuais, os nosos nenos pasárono en grande bailando, cantando e desfrutando coa lectura de distintos contos.
E recordade que, como ben dicía Jimi Hendrix: "Cando o poder do amor sexa máis grande que o amor ao poder, o mundo coñecerá a paz".
* Se pinchades enriba das fotos, poderedes velas máis grandes
No hay comentarios:
Publicar un comentario