viernes, 5 de junio de 2020

MULTISENSORIAL. BLOQUE VIII (Traballando na casa)

Estimadas familias, remata o curso e estas son as últimas orientacións que vos propoño para traballar cos vosos fillos na casa a nivel sensorial. Como xa son oito documentos de recomendacións, propostas de actividades e demais ideas, de seguro que xa abordamos todas as áreas do mundo sensorial dos seres humanos. Por elo é que, nesta ocasión, propóñovos uns xogos sinxelos para incorporar ás rutinas na casa, para pasar un rato divertido.
Estimadas familias, acaba el curso y estas son las últimas orientaciones que os propongo para trabajar con vuestros hijos e hijas en casa, a nivel sensorial. Como ya son ocho documentos de recomendaciones, propuestas de actividades e demás ideas,  seguro que ya abordamos todas las áreas del mundo sensorial de los seres humanos.  Por ello es que,  en esta ocasión,  os propongo unos juegos sencillos para incorporar a las rutinas en casa, para pasar un rato divertido.

1º XOGO: PERCORRIDO DE OBSTÁCULOS
  • Obxectivo: Mellorar a coordinación e a orientación, e desenvolver a habilidade de seguir un itinerario visual.
  • Procedemento: O neno ou a nena ten que seguir coa súa cadeira de rodas (autonomamente ou con axuda) unha ruta mesturando e alternando movementos de” por debaixo”, “por riba” e “ao redor” dunha serie de obstáculos simples.
  • Materiais: Mobles e corda.
  • Preparación do xogo:
  1. Coloca un anaco de corda ou lazo, (de cores, si é posible), ao redor da habitación, de maneira que vaia rodeando cadeiras, mobles, por debaixo da mesa, sobre os taburetes...etc.
  2. Chama a atención do neno e pon unha recompensa ao final da corda.
  3. Comeza polo outro extremo, levándoo a través do percorrido.
  4. Continúa sinalándolle a corda e ao final, dálle o seu premio.
  5. Despois de percorrer con el varias veces o itinerario, procura que o complete el só, sen axuda.
  6. Permanece xunto a el e, se se sinte confuso, redirixe a súa atención cara o cordel. Recorda poñerlle obstáculos extremadamente simples ao principio.
2º XOGO: OS BOLOS
  • Obxectivo: Incrementar a forza dos seus brazos e mellorar a precisión dos movementos cara un obxecto.
  • Procedemento: O neno ou a nena ten que facer rodar correctamente unha pelota grande, dende unha distancia aproximada de tres – catro metros.
  • Materiais: Pelota grande e cartóns de leite baleiros ou botellas de auga recicladas con distintos materiais.(Ver publicación no blog do centro, do día do Medio Ambiente, que recolle un taller de reciclaxe de botellas sensoriais)
  • Preparación do xogo: 
  1. Coloca seis cartóns de leite baleiros ou botellas recicladas, nunha composición “3-2-1” e traza unha liña ben vistosa, a uns tres metros deles.
  2. Móstralle ao neno como rodar a pelota para derribar os “bolos”, pero permanecendo detrás da línea.
  3. Recompón os “bolos” e axúdao a que rode a bola.
  4. Refórceo con loubanzas cando derribe algún e apunte cantos bolos derriba en cada tirada. Faga trazos simples nun anaco de papel, para que o neno ou a nena poida ver e entender cantos bolos derriba.
  5. Cando o xogo se volva máis fácil, increméntase progresivamente a distancia entre a liña de tirada e os bolos. Tamén, se pode incorporar a idea de esperar quendas.
  6. Faga que disfrute do xogo sen permitir que se convirta nunha competición.
3º XOGO: DECORAMOS AS NOSAS MANS
  • Obxectivo: Mellorar a psicomotricidade fina e a coordinación óculo-manual.
  • Procedemento: A nena ou o neno deberá decorar as mans de cartón pintando as uñas, colocando aneis ou pulseiras.
  • Materiais necesarios: Cartón duro, cinta adhesiva, laca de uñas de distintas cores, aneis, pulseiras,…
  • Preparación do xogo: 
  1. Nun pedazo de cartón duro, pintamos a silueta das mans esquerda e dereita, debuxando esaxeradamente as uñas. Pegamos con cinta adhesiva na mesa as mans recortadas do cartón, (podémolas facer de cores distintas, para reforzar a idea de diversidade nas persoas).
  2. Proporcionamos laca de uñas de moitas cores e demais accesorios para decorar as mans como máis lles guste.
  3. Para rematar, podemos pintar as uñas dos nenos e nenas usando o modelo feito por eles. Que bonito queda!!!
EN CASTELLANO
1º JUEGO: RECORRIDO DE OBSTÁCULOS
  • Objetivo: Mejorar la coordinación y la orientación, y desarrollar la habilidad de seguir un itinerario visual.
  • Procedimiento: El niño o la niña tiene que seguir con su silla de ruedas (autónomamente o con ayuda) una ruta mezclando e alternando movimientos de” por debajo”, “por arriba” y “alrededor” de una serie de obstáculos simples. 
  • Materiales: Muebles e cuerda. 
  • Preparación del juego: 
  1. Coloca un trozo de cuerda o lazo, (de colores, si es posible), alrededor de la habitación, de manera que vaya rodeando sillas, muebles, por debajo de la mesa, sobre los taburetes...etc. 
  2. Llama la atención del niño y pon una recompensa al final de la cuerda. 
  3. Comienza por el otro extremo, llevándolo a través del recorrido. 
  4. Continúa señalándole la cuerda y, al final, dale su premio. 
  5. Después de recorrer con él o ella varias veces el itinerario, procura que lo complete él solo, sin ayuda. 
  6. Permanece junto a él y, si se siente confuso, redirige su atención hacia el cordel. Recuerda ponerle obstáculos extremadamente simples al principio. 
2º JUEGO: LOS BOLOS
  • Objetivo: Incrementar la fuerza de sus brazos e mejorar a precisión de los movimientos hacia un objeto.
  • Procedimiento: El niño o la niña tiene que hacer rodar correctamente una pelota grande, desde una distancia aproximada de tres – cuatro metros. 
  • Materiales: Pelota grande y cartones de leche vacíos / botellas de agua recicladas con distintos materiales.(Ver publicación en el blog del centro, del día del Medio Ambiente, que recoge un taller de reciclaje de botellas sensoriales) 
  • Preparación do juego: 
  1. Coloca seis cartones de leche vacíos / botellas recicladas, en una composición “3-2-1” y traza una línea bien vistosa, a unos tres metros de ellos. 
  2. Muéstrale al niño como rodar la pelota para derribar los “bolos”, pero permaneciendo detrás de la línea. 
  3. Recompón los “bolos” y ayúdalo a que ruede la bola. 
  4. Refuércelo con alabanzas cuando derribe alguno y apunte cuantos bolos derriba en cada tirada. Haga trazos simples en un trozo de papel, para que el niño o la niña pueda ver y entender cuántos bolos derriba. 
  5. Cuando el juego se vuelva más fácil, se incrementa progresivamente la distancia entre la línea de tirada e los bolos. También, se puede incorporar la idea de esperar turnos. 
  6. Haga que disfrute del juego, sin permitir que se convierta en una competición. 
3º JUEGO: DECORAMOS NUESTRAS MANOS
  • Objetivo: Mejorar la psicomotricidad fina y la coordinación óculo-manual.
  • Procedimiento: La niña o el niño deberá decorar as manos de cartón pintando las uñas, colocando anillos o pulseras. 
  • Materiales necesarios: Cartón duro, cinta adhesiva, laca de uñas de distintos colores, anillos, pulseras,… 
  • Preparación del juego: 
  1. En un pedazo de cartón duro, pintamos la silueta de las manos izquierda y derecha, dibujando exageradamente as uñas. Pegamos con cinta adhesiva en la mesa las manos recortadas del cartón, (las podemos hacer de colores distintos, para reforzar la idea de diversidad en las personas). 
  2. Proporcionamos laca de uñas de muchos colores e demás accesorios para decorar las manos como más les guste. 
  3. Para acabar, podemos pintarles las uñas usando el modelo hecho por ellos. Qué bonito queda!!!

No hay comentarios: