miércoles, 3 de junio de 2020

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1972 coincidindo co primeiro cume mundial sobre medio ambiente: a Conferencia de Estocolmo sobre o Medio Ambiente Humano. Este evento anual comezou a celebrarse en 1974 e ten por fins incrementar a conciencia ambiental e a protección do medio ambiente.


Cada Día Mundial do Medio Ambiente céntrase nun tema concreto sobre un asunto ambiental particular.
Temas do Día Mundial do Medio Ambiente. 
  • 2019 – Contaminación do aire. 
  • 2018 – Vencer á contaminación por plásticos. 
  • 2017 – Conectar ás persoas coa nature. 
  • 2016 – Loita pola vida salvaje. 
  • 2015 – Sete mil millóns de soños. Un só planeta. Consome con moderación. 
  • 2014 – Alza a túa voz, non o nivel do mar. 
  • 2013 – Pensa. Aliméntache. Ahorra. 
  • 2012 – Economía verde: Inclúeche a ti?
  • 2011 – Bosques: A Natureza ao seu Servizo. 
  • 2010 – Moitas Especies. Un Planeta. Un Futuro.

Colombia albergará as celebracións do Día Mundial do Medio Ambiente 2020, que se centrará na importancia da biodiversidade. 
Colombia está catalogado como un dos países megadiversos do mundo, onde vive preto do 10% da biodiversidade do planeta. Esta nación ocupa o primeiro lugar en diversidade de especies de aves e orquídeas, e o segundo posto en plantas, bolboretas, peces de auga doce e anfibios. 
Cun millón de especies de plantas e animais en perigo de extinción en todo o mundo, estamos no momento máis importante para a protección da biodiversidade.



TALLER DE RECICLAXE DE BOTELLAS DE PLÁSTICO E CONSTRUCCIÓN DE XOGUETES SENSORIAIS 

Para tomar conciencia que a reutilización, así coma o reciclaxe, de distintos obxectos pode favorecer á conservación do planeta, imos presentar uns exemplos de como darlle unha segunda vida ás botellas de plástico (grandes e pequenas) que desbotamos a diario despois dun só uso. 
  • BOLOS CASEIROS: Con botellas de plástico grandes e transparentes (de litro ou litro e medio) faremos o bolos, enchéndoas de pedriñas, landras, cravos, area, auga colorada, garbanzos ou arroz,...etc. Agora só necesitamos unha pelota pequena e ...a xogar!!!

  • BOTELLAS SENSORIAIS: Enchemos unha botella pequena de plástico transparente (33cl) de líquidos diversos, como poden ser: o xabón líquido, o aceite, alcohol, a gomina, auga con colorantes, acuarelas...etc, para darlle ese efecto acuoso. Podemos beneficiarnos da variedade de sensacións que ofrecen distintos produtos, ademais da auga, e ir probando mesturas, observando o resultado final e elixindo o que máis nos goste. Ademais da parte líquida, tamén agregaremos obxectos sólidos, para contemplar o seu comportamento dentro do líquido que os envolve. Podemos utilizar purpurina, abalorios, plumas , cunchas , os pompóns de cores,...e outros obxectos brillantes que producen efectos fascinantes.


TALLER DE RECICLAXE DE CAIXAS DE CARTÓN E CONSTRUCCIÓN DE XOGUETES CREATIVOS. 
Pequenos pasos a favor do medio ambiente, sumados a outros moitos pasos pequenos son fundamentais para a protección do noso planeta. 
Podemos converter nun divertido xoguete case calquera cousa que temos por casa. Ensinarlle aos 
nenos e as nenas que na vida non todo se compra con cartos é importante, tan importante como os bos momentos que se pasan fabricando estes xoguetes feitos a partir de materiais reciclados. 
Eiquí vemos algúns fermosos exemplos de xoguetes feitos a partir de caixas de cartón recicladas, para o disfrute dos nenos e nenas.


Tomando como exemplo os pictogramas do vídeo, elaboráronse uns xogos algo complexos para por a proba as vosas habilidades. Estades preparados? Podedes ver os xogos na seguinte ligazón. Tedes xogos interactivos e xogos imprimibles. 



QUEBRACABEZAS DO MEDIO AMBIENTE

No hay comentarios: