viernes, 19 de junio de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA IX (Traballando na casa)

Boas a todas e todos. 
Agardo que esteades ben e adaptados á nova normalidade que nos tocou vivir neste tempo. 
O curso remata así que propóñovos unha serie de tarefas que espero que vos gusten. 
Disfrutade moito do verán e explotade todos os recursos que tedes para pásalo xenial nos ratos de ocio. Xa sabedes que, cando vos deades de conta, estamos de volta no cole e con moitas gañas de comezar de novo espero. 
Unha forte aperta a todas e todos. 

Buenas a todos. 
Espero que estéis bien y adaptados a la nueva normalidad que hemos tenido que vivir en este momento. 
El curso termina, así que os propongo una serie de tareas que espero que os gusten 
Disfrutad mucho del verano y explotad todos los recursos que tenéis para pasar un buen rato en los momentos de ocio. Sabéis que cuando os deis cuenta ya estamos de vuelta en la escuela y con ganas de comenzar de nuevo, espero. 
Un fuerte abrazo a todos y todas. 

Xogos para o verán e para xogar en espazos abertos os días de calor, sexa na praia, campo, parque, ... 
Juegos para el verano y para jugar en espacios abiertos en días calurosos, ya sea en la playa, campo, parque, ... 

  • A MOLLARSE 
Como levamos un par de cursos sen festa da auga, gustaríame que vos lembrarades do ben que o pasábamos e busquedes un día ou varios días de moita calor e xoguedes coa familia, cos amigos,.. a diferentes xogos con auga: guerra de globos de auga, mollar coa mangueira, facer pompas xigantes, mollarse con caldeiros, carreira de vasos con auga, pista deslízante cun plástico e auga con lavalouzas, tamén usade pistolas de auga coas amigas e amigos ou esponxas de auga, o importante é pasar un bo rato, ou incluso podedes inventar algún xogo e á volta mo contades e igual o poñemos en práctica no cole, vale?
  • A MOJARSE 
Como llevamos un par de cursos sin una fiesta acuática, me gustaría que recordarais lo bien que lo pasábamos y que busquéis un día o varios días de calor y juguéis con familiares, amigos, ... a diferentes juegos con agua: guerra de globos agua, mojar con una manguera, hacer pompas gigantes, mojarse con calderos, carrera de vasos con agua, deslizarse con un plástico y agua con lavavajillas, también usar pistolas de agua con amigas y amigos o jugar con esponjas de agua. Lo importante es pasar un buen rato , o incluso podéis inventar un juego y al volver me contáis y así lo ponemos en práctica en la escuela, ¿de acuerdo? 
  • O BALÓN XIGANTE 
Outro dos xogos que vos gusta bastante é o do balón xigante, onde buscaremos que non toque o chan dándolle con diferentes partes do noso corpo, tamén podemos inchar un globo grande ou incluso enchelo con algo de auga a ver se lle estoupa a alguén. Cantos máis sexamos mellor, ou incluso podemos facer dous equipos a ver quen dá máis toques ou roubarse a pelota. 
  • EL BALÓN GIGANTE 
Otro juego que os gusta mucho es la bola gigante, donde tratamos de no tocar el suelo golpeando la pelota con diferentes partes de nuestro cuerpo, también podemos inflar un globo grande o incluso llenarlo con un poco de agua para ver si le explota a alguien. Cuantos más seamos, mejor, o incluso podemos hacer dos equipos para ver quién da más toques o roba el balón. 
  • A ENSUCIARNOS 
A este xogo podemos xogar en diferentes lugares, o importante é mellorar o coñecemento do noso corpo, a sensibilidade,... 
Buscaremos embarrarnos a nós mesmos ou a outra persoa, ou outra persoa a nós, con diferentes materiais que teñamos: area de praia, mollada ou seca,pintura de dedos pola cara, brazos ou pernas, barro, crema protectora para o sol,... iso si facelo con sentidiño.
  • A ENSUCIARNOS 
Podemos jugar a este juego en diferentes lugares, lo importante es mejorar el conocimiento de nuestro cuerpo, la sensibilidad, ... Trataremos de embadurnarnos a nosotros mismos o a otra persona, u otra persona a nosotros. Con diferentes materiales que tengamos: arena de playa, húmeda o seca, pintura de dedos en la cara, en brazos o piernas, barro, protector solar, etc. Eso sí con sentido y con el permiso de la familia. 
  • REALIZAR UNHA GYMKANA OU BÚSQUEDA DO TESOURO 
Podedes inventar unha gymkana ou coa axuda da familia que vos fagan unha e logo a traedes ao cole para realizala alí en setembro ou cando poidamos. 
Tedes que realizar diferentes xogos sinxelos que coñezades ou inventados por vós, para traballar diferentes habilidades , enigmas, equilibrio,...en base ao número de xogadores que sexades, os equipos, os materiais dos que dispoñades,... 
Tamén podedes facer unha busca do tesouro onde un esconde algo e dá pistas ao resto para atopar o tesouro, ou incluso en grupo buscar cunchas na praia, pedriñas, piñas,... no campo. Incluso podedes facer mapas do tesouro ou facer recontos de quen atopou máis cousas. 
  • REALIZA UNA GYMKANA O BÚSQUEDA DEL TESORO 
Podéis inventar una gymkana o con la ayuda de la familia que os hagan una para vosotras y luego llevarla a la escuela para hacerla allí en septiembre o cuando podamos. 
Tenéis que hacer diferentes juegos simples que conozcáis o inventéis por vosotros, para trabajar diferentes habilidades, acertijos, equilibrio, ... según la cantidad de jugadores que seáis, los equipos, los materiales que tengáis, ... 
También podéis hacer una búsqueda del tesoro donde alguien esconde algo y da pistas al resto para encontrar el tesoro, o incluso en grupos, buscando conchas en la playa, guijarros, piñas, ... en el campo. Incluso podéis hacer mapas del tesoro o hacer recuento de quién encontró más objetos. 
  • FACER UN PEQUENO DIARIO 
Por último pedirvos, se vos acordades, que fagades ou vos axuden a facer un pequeno diario con aquelas cousas divertidas: xogos, anécdotas, contos, fazañas,cousas incribles,... que vos acontezan durante as vacacións para que logo no las poidades contar á volta ou as manden as vosas familias e as poidamos ler ao resto de compañeiras e compañeiros do cole.
  • HACER UN PEQUEÑO DIARIO 
Por último, si os acordáis, que hagáis solos o con ayuda un pequeño diario con aquellas cosas divertidas: juegos, anécdotas, historias, hazañas, cosas increíbles, ... que os sucedieron durante las vacaciones, para que luego podáis contarlas en clase la vuelta o que las manden vuestras familias y podamos leérselo al resto de los compañeros de clase. 

Desexando vervos pronto e que pasedes un verán xenial, un saúdo para todas e todos. 
Deseando veros pronto y que paséis un gran verano, un saludo a todos y todas. 

Jorge, mestre de Educación Física

No hay comentarios: