viernes, 19 de junio de 2020

AULAS 9 - 10. 1ºNIVEL. BLOQUE VIII (Traballando na casa)

Ola rapaces!! xa estamos no final do curso. Xa veñen as vacacións e tempo para disfrutar.
Como últimas actividades para este curso, propoñemos o seguinte
AULA 9
 ¿Qué tareas debemos hacer todos los días? y ¿Qué podemos hacer en la playa?


GALLETAS CON CREMA DE CHOCOLATE 


AULA 10
  • ACTIVIDADES SENSORIAIS.
Para a súa elaboración precisamos dunha caixa de cartón ( tipo caixa de zapatos) ou de plástico. Nela botaremos area, macarróns, fideos, lentellas, arroz, escuma de afeitar, boliñas de hidroxel, boliñas de porispan,.... e colocaremos obxectos ou xoguetes como cunchas da praia, pinturas, obxectos pequenos como bonecos, animaliños de xoguete, botóns, tapóns de colores, fichas de colores de colores, pezas de construcción, todos son obxectos que temos por casa.
En todo momento debemos vixiar ao neno xa que estamos xogando con pezas pequenas ou coa area,.. 
  • PINTAMOS CON XEO
Para refescarnos, agora que se achega o verán, imos pintar con xeo.
Para iso só tes que mesturar témpera ou colorante alimentario con auga e por a mestura no conxelador. Ao día seguinte a crear!!
Ánimo artistas!!!

E para finalizar, un pouquiño de música, espero que vos gusten
  • VACAS DE VERÁN (Uxía Lambona e a banda molona)
  • DE FESTA (Uxía Lambona e a banda molona)

  • DIME QUE FIXECHES (Migallas)

Disfrutade moito e un bico moi forte!!!!!
Feliz Verán.

No hay comentarios: