jueves, 28 de junio de 2012

Últimas actividades

Aínda que o tempo non nos acompañou demasiado neste fin de curso, sí que tivemos algúns días cunha temperatura agradable no mes de xuño. Xa sabedes que nos encanta estar ó aire libre e disfrutar dun pouco de sol e bos ritmos. Por iso o noso profe de música, Telmo, impartiu algunhas das súas clases no patio exterior, e a verdade é que os rapaces pasáronno xenial  tocando e bailando algunhas pezas ó son da gaita e os tambores.

Ademáis disto, a profesora de educación Física, Cristina, organizou unha charla dentro do noso centro sobre colombofilia. Un señor moi simpático dounos unhas explicacións moi interesantes sobre o adestramento de pombas para convertilas en pombas mensaxeiras. Puidemos tocalas e acaricialas e ó final da charla saímos ó patio para soltalas. Aprendimos moito e pasámolo moi ben.

E dentro das actividades do proxecto Arce, algunhas aulas do cole visitaron a praza de abastos de Santiago. Fixeron algunhas compras de productos da nosa terra, falaron con algúns dos vendedores do mercado e deron un paseíño pola zona vella. Antes de voltar, tomaron algo nuha cafetería cercana ó mercado. 

De todo isto hai testimonio gráfico nestas fotos que vos deixamos a continuación. Desexamos que vos guste.

                     

2 comentarios:

chema dijo...

qué bien lo han pasado los chicos! les gustaba tocar a las palomas. una bonita manera de de cerrar el curso.
me ha gustado también la entrada anterior, sobre 'obligar' a cada uno a hacer todo lo que pueda hacer. a veces será duro tener que ser un poco severo, pero es por su bien.

CEE A BARCIA dijo...

Gracias Chema!. La actividad de palomas estuvo muy bien y les encantó efectivamente poder tocarlas. La verdad es que siempre disfrutamos mucho con todas las visitas que hacemos. Como dice el video...¡sabemos divertirnos!. Bicos!!