Dende a aula multisensorial do CEE A Barcia querémosvos achegar o noso traballo diario coa realidade do colexio.
Tras moitos esforzos para poder dispor dun lugar do noso centro axeitado e có equipamento específico, no curso académico 08-09 comeza o seu funcionamento. Xa neste ano, esta aula está sendo levada por dúas mestras do noso centro: María José Motellón e Rita Nogueira, as cales traballan coa meirande parte do alumando da Barcia nunha ou dúas sesións semanais (en función do grao de afectación), de 25 minutos de duración.
As principais áreas de intervención nesta aula son as seguintes:
- Estimulación visual: mediante o traballo coa columna de burbullas, a fibra óptica e todo tipo de luces e estímulos visuais.
- Estimulación auditiva: a través de CDs variados, cancións e instrumentos musicais.
- Estimulación táctil-háptica: con texturas variadas, panel táctil…
- Estimulación vibratoria: mediante a vibración da columna de burbullas ou a colchoneta de vibromasaxe.
- Estimulación olfactiva e respiratoria: con caixas de olores, froitas…
- Estimulación psicomotriz: movementos e movilizacións variadas, masaxes…
- Estimulación comunicativa: xa dende a entrada dos alumnos na aula, temos un panel de petición para que –en función das súas posibilidades- escollan a actividade que queren facer. Asemade, empregamos o panel de comunicación con luz, de maneira que cando un alumno emite un son, este ilumínase.
- Estimulación somática e vestibular: traballamos na cama de auga mediante diferentes balanceos e cambios de posición, potenciando a relaxación do neno.
A continuación deixámosvos unha montaxe para que vexades o noso traballo diario. Esperamos que vos guste:
No hay comentarios:
Publicar un comentario