É unha tarxeta persoal e
intransferible á disposición dos mozos/as entre 12 e 30 anos. Ten unha vixencia
de dous anos a partires da data de expedición.
Con este carné o voso/a 
fillo/a obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no
resto das comunidades autónomas españolas e nos 40  países europeos
adheridos ao programa do Carné Xove.
- Campamentos da Xunta.
 - Cines.
 - Diferentes establecementos.
 - Eventos culturais
 - Etc.
 
Os establecementos adheridos
podédelos identificar co símbolo.
Para facelo tedes que  cubrir un impreso de
solicitude, acreditando a túa identidade co DNI ou pasaporte e pagar 6€
mediante o impreso das taxas
Os mozos e mozas que acrediten unha
discapacidade igual ou superior ao 33 %, terán dereito á expedición gratuíta
deste carné. Así como as persoas vítimas de violencia de xénero e os  seus fillos/as.
As persoas que posúan o Carné Xove contan cun seguro de
balde que cubre un  importante  número de continxencias. Aquí tedes
algún exemplos, hai moitos máis:
- Asistencia por accidente ou enfermidade durante a viaxe.
 - Asistencia por danos á equipaxe
 - Asistencia por atraso dos medios de transporte
 - Asistencia por responsabilidade civil
 - Cancelación da viaxe por folga.
 - Etc.
 
O carné xove pódese facer en:
- Servizos de Xuventude dos Departamentos Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
 - Nas oficinas municipais de información xuvenil integradas na Rede Galega de información e documentación xuvenil
 - Centro Coordinador de información e Documentación Xuvenil de Galicia, en Santiago de Compostela.
 - Oficinas de Abanca.
 
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN


No hay comentarios:
Publicar un comentario