domingo, 11 de diciembre de 2016

ESCOLA DE PAIS

Queridas familias!
A principio do mes de novembro, chegou as  vosas casas, unha pequena enquisa, onde solicitábamos a vosa opinión sobre a creación dunha pequena ESCOLA DE PAIS no colexio.
Animámosvos  a cubrila e darnos a vosa opinión.
Unha Escola de Pais é un lugar de encontro onde reflexionar, debater, escoitar, aprender, e compartir experiencias.
Son tantos os temas a tratar, que por iso solicitamos a vosa opinión.
Estariades dispostos a participar?
Que temas vos preocupan ou interesan?
No caso de ser do voso interese, o Departamento de Orientación e a Dirección do Centro iniciaríamos  a súa posta en marcha.
É una tarefa difícil buscar un horario que sexa  axeitado para todos, así como buscar expertos que  sexan  de voso interese.
Son tantos, os  posibles temas a tratar, que por iso, solicitámosvos nos fagades partícipes das vosas inquedanzas. 
  • Primeiros auxilios
  • Respiros familiares: Experiencias de familias participantes
  • A sexualidade no mundo da discapacidade. 
  • Autismo: como contactar co meu fillo/a
  • Dietas e alimentación
  • Opcións o remate da escolarización
  • Lei de dependencia
  • Cuestións legais: incapacitacións, herdanzas,...
  • Medicacións e os seus efectos secundarios
  • Sistemas de comunicación
  • As enfermidades raras
  • Xoguetes e materias adaptados
  • Coidados e estimulación en nenos/as con PC
  • Apoios socio-sanitarios
·         ........................................

Animádevos a participar !.

Podedes descargar a enquisa aquí!


No hay comentarios: