Unha vez
a semana,en pequeno grupo, traballaremos aspectos que incidan positivamente na
súa autonomía,integración e independencia.
Desde
pequenos,vivimos e desenvolvémonos dentro dunha sociedade,as relacións sociais
e as habilidades da vida diaria dótannos de estratexias que nos permiten
desenvolvernos dentro desa sociedade dunha maneira máis ou menos positiva.
Este
Programa ten como obxectivo ofrecer os/as nosos alumnos/as experiencias e
estratexias que lles doten de recursos para desenvolverse mellor na vida
diaria.
Pretendese
que:
- Sexan capaces de elixir entre varias opcións.(a película que queren ver, o xogo ó que queren xogar, a roupa que queren mercar ou poñer,..)
- Aprendan
a expresar e recoñecer as emocións propias e alleas.
- Aprendan a dicir “no”
- Recoñezan o seu proio corpo, e os cambios que nel vanse producindo. (pubertade, mestruación, masturbación,..)
- Recoñezan e posúan recursos para evitar os abusos
- Alcancen uns coñecementos mínimos sobre os cartos e para que se utilizan.
- Recoñezan
certos documentos imprescindibles nas nosas vidas: D.N.I, tarxeta sanitaria,
tarxeta do bus,…
PICTOGRAMAS ARASAAC - Aprendan a desenvolverse e actuar ante certas situacións: un incendio, perderse na rúa,…
- Teñan capacidade para iniciar vínculos socias (iniciar conversacións, compartir cousas, facer cumpridos,dar queixas,quedar con amigos/as…)
Si tedes
algunha inquedanza ou hai algún tema que pensedes sexa de interese para tratar
dentro dese programa non dubidedes en poñervos en contacto co departamento de
Orientación do colexio.
Ó longo
do curso xa vos iremos informando con máis detalle da evolución do programa.
Un
cordial saúdo
Departamento de Orientación do
CEE A Barcia
No hay comentarios:
Publicar un comentario