Todos aqueles que nos atopamos no mundo da educación especial, sabemos a sorte que é poder adicarse a un traballo que che reporta moitísimas satisfaccións. Coma en tódolos traballos, hai días duros, pero sempre nos descubrimos pensando en que somos afortunados por contar cada día con sorrisos coma este que vedes na foto.
Onte, cando abrimos o correo onde recibimos os mails relacionados con este blogue, encontrámonos cunhas palabras que nos emocionaron moito e que non fan máis que confirmar que somos uns grandes afortunados por traballar neste recuncho. Moitísimas grazas Xunqueira.
"Gracias por facernos soñar
Emocioneime ao entrar neste recuncho... Gracias aos que facedes posible que "vivir neste mundo diferente" sexa máis levadeiro.
Gracias pola ilusión, o empeño, a preocupación, o traballo, a comprensión, a implicación, a fortaleza... Gracias por soñar.
Son nai dunha nena que está neste cole, por 5º ano, e cada día que pasa, a vexo máis feliz... Non hai palabras que poidan expresar o agradecemento a tódolos profesionais que fan esto posible, dende as súas coidadoras, persoal de conserxería, persoal de comedor, de limpeza... ata o seu profesorado...
Moito ánimo para que non decaia, e o sorriso destes nenos estea sempre presente".
Xunqueira Mouzo
4 comentarios:
la verdad es que tenemos un trabajo maravilloso.
En Sanse estamos aprendiendo gallego, que bonico.
Felipe
¿A que temos unha lingua moi bonita? ¡Pois nada nada! a falar galego nos madriles!! Bicos!
¡Vaya sonrisa maravillosa! Es el mejor reconocimiento al trabajo bien hecho.
Muy bien por los de Sanse!!
Saludos para esa bonita tierra!!!
Publicar un comentario