lunes, 2 de junio de 2025

REHABILITACIÓN ROBÓTICA (EXOESQUELOS PEDIÁTRICOS)

O pasado luns 26 de maio, tivemos a sorte de participar nunha charla organizada dende o Departamento de Orientación, sobre a Neurorrehabilitación robótica en pediatría. Dende Madrid, desprazouse ao noso centro o fisioterapeuta Fernando Aneiros Tarancón acompañado polo seu compañeiro Nacho, ambos magníficos profesionais da empresa Marsi Bionics, que colaboran co CSIC, ASPACE así como cos hospitais máis importantes de España e de outros países do mundo.
Despois dunhas nocións xerais sobre a Neurorrehabilitación robótica en pediatría, tivemos a sorte de ver unha demostración en vivo e en directo dun exoesqueleto.
Ver a un dos nosos nenos camiñar con un deles foi emocionante. Enhoraboa Simón! por ser o protagonista da sesión.
Quedounos pena de non probalo con Santy, outro dos candidatos/ voluntarios, que por 1 cm, quedou fóra da demostración (a próxima vez será).
As expectativas desta charla foron sobradamente cumpridas. Compañeiros de SARELA, MISELA, CIFP Compostela, Equipo de Orientación Específico, compañeiros de profesión e familias, acompañáronnos nesta xornada tan especial e emocionante.
Grazas a todos pola vosa participación, pero especialmente aos dos voluntarios e as súas familias.

No hay comentarios: