jueves, 18 de abril de 2024

CAMPAMENTOS DE VERÁN ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Xa tedes a vosa disposición os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade da XUNTA de Galicia.

Poden solicitar praza nos campamentos que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cunha idade comprendida entre os 11 e os 50 anos e presentan calquera tipo de limitación ou necesidade especial.

Os campamentos contan con aloxamento, manutención, un programa de actividades de animación sociocultural, material necesario para as actividades, equipo técnico de persoal especializado e atención sanitaria.

Os requisitos para solicitar praza son: 
  • ter recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33%
  • ter unha idade comprendida de entre os 11 e os 50 anos
  • estar empadroado nalgún concello de Galicia
  • non padecer trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade, entre outros.
As solicitudes, acompañadas do informe médico, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, dirixíndoas á Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social e Xuventude e indicando no asunto relacionado: “CAMPAMENTOS DISCAPACIDADE 2024”.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365). Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa.

Para máis información:

https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/campamentos-de-veran-especificos-para-persoas-con-discapacidade-2024

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

No hay comentarios: