viernes, 8 de diciembre de 2023

O OUTONO A TRAVÉS DOS SENTIDOS. 1º NIVEL

Varias aulas do cole xuntámonos para crear unha semana temática sobre o outono, na que os sentidos e as sensacións foron os grandes protagonistas. Cada día da semana participamos nun obradoiro diferente e, todos xuntos, descubrimos máis sobre esta estación. Aquí vos deixamos un resumo de cada obradoiro...
Varias aulas del cole nos juntamos para crear una semana temática sobre el otoño, en la que los sentidos y las sensaciones fueron los grandes protagonistas. Cada día de la semana participamos en un taller diferente y, todos juntos, descubrimos más sobre esta estación. Aquí os dejamos un resumen de cada taller...
SONS DE OUTONO: a través dun pequeno contaconto con monicreques no que ían aparecendo moitos sons, fomos coñecendo a animaliños e elementos do outono. Escoitámolos, vímolos e tocámolos.
SONIDOS DE OTOÑO: a través de un pequeño cuentacuento con marionetas en el que iban apareciendo muchos sonidos, fuimos conociendo animalitos y elementos del otoño. Los escuchamos, vimos y tocamos.


CREACIÓN DE MATERIAL SENSORIAL: construímos botellas sensoriais con moitas cousiñas de outono (follas, flores, sementes...) e atrapasoños con follas pintadas con cores fluorescentes (que brillan en luz negra).
CREACIÓN DE MATERIAL SENSORIAL: construímos botellas sensoriales con muchas cositas de otoño (hojas, flores, semillas...) y atrapasueños con hojas pintadas con colores fluorescentes (que brillan en luz negra).



SENSACIÓNS DE OUTONO: probamos a tocar, ulir ou saborear unha morea de produtos da nosa terriña, típicos desta época. Fixemos degustación e xogos e traballamos o que nos gusta e o que non nos gusta.
SENSACIONES DE OTOÑO: probamos a tocar, oler y saborear un montón de productos de nuestra tierra, típicos de esta época. Hicimos degustación y juegos y trabajamos lo que nos gusta y lo que no nos gusta.


COMPOTA DE MAZÁ CON IOGUR: no apartamento do cole cociñamos unha riquísima receita de Outono.
COMPOTA DE MANZANA CON YOGUR: en el apartamento del cole cocinamos una riquísima receta de Otoño.


Pasámolo xenial probando e experimentando todos e todas xuntas. Dende aquí queremos dar un especial agradecemento ao esforzo de todos os mestres que o fixeron posible.
Lo pasamos genial probando y experimentando todos y todas juntas. Desde aquí queremos dar un especial agradecimiento al esfuerzo de todos los profes que lo hicieron posible.

No hay comentarios: