miércoles, 20 de febrero de 2019

ZOJIFA. E ISO QUE É?

As aulas 3 e 5 xuntámonos para realizar unha actividade sobre a PAZ, que consistía en escribir palabras que empezaran por P, por A e por Z relacionadas coa Paz. Todo ía moi ben ata que chegamos ás palabras que empezaban por "Z". Buscamos en Internet pero non aparecía ningunha.
Las aulas 3 y 5 nos juntamos para realizar una actividad sobre la PAZ, que consistía en escribir palabras que empezaran por P, por A y por Z relacionadas con la Paz. Todo iba muy bien hasta que legamos a las palabras que empezaban por "Z". Buscamos en Internet pero no aparecía ninguna.


Así que decidimos crear a nosa propia palabra. Escribimos nuns papeis as letras do abecedario e formamos un grupo de vogais e outro de consoantes. A palabra tiña que empezar por "Z" e decidimos que tería 3 sílabas. E cunhas mans inocentes creamos a palabra e o resultado foi... ZOJIFA
Así que decidimos crear nuestra propia palabra. Escribimos en unos papeles las letras del abecedario y formamos un grupo de vocales y otro de consonantes. La palabra tenía que empezar por "Z" y decidimos que tendría 3 sílabas. Y con unas manos inocentes creamos la palabra y el resultado fue... ZOJIFA.


Pero fixemos moito máis!, definimos a palabra...
Pero hicimos mucho más!, definimos la palabra...


ZOJIFA: Palabra utilizada para referirse ao sentimento de amor, alegría, amizade e entusiasmo que percibe o alumnado da Barcia (Orixe: Barciano)

No hay comentarios: