jueves, 22 de noviembre de 2018

OUTONO BONITO

Nas aulas 11 e 12 estivemos traballando o Outono, as súas formas, cores, texturas... e foi así como pensamos que podiamos facer unha composición a modo de mural para decorar o corredor e as fiestras que están próximas as nosas aulas. 
Para isto pedimos a colaboración das nosas familias, de xeito que elas nos achegaron composicións relacionadas coa temática que foron realizando no fogar cos nenos, e a todo isto, nós achegámoslle distintas fotos que tomamos no centro relacionadas co Outono. Deste xeito xa só nos faltaba montar o mural, para o que pensamos que unha gran cantidade de folliñas de outono ían ser o complemento perfecto. 
Aquí tedes o resultado. A nós gustounos moito, así que agardamos que a vós tamén!.
E xa para rematar aquí vos deixamos unha cantiga de outono moi fermosa que soemos cantar cos nenos e nenas: 

"Outono bonito,
mazás no faiado
uviñas maduras
e viño gardado.
Outono bonito,
folliñas no chan
castañas asadas,
que boas están".

En las aulas 11 y 12 estuvimos trabajando el Otoño, sus formas, colores, texturas... y fue así como pensamos que podíamos hacer una composición a modo de mural para decorar el pasillo y las ventanas que están próximas a nuestras aulas. Para esto pedimos la colaboración de nuestras familias, de manera que ellas nos acercaron composiciones relacionadas con la temática que fueron realizando en casa con los niños, y a todo esto, nosotros le acercamos distintas fotos que tomamos en el centro relacionadas que el Otoño. De este modo ya solo nos faltaba montar el mural, pensamos que una gran cantidad de hojitas de Otoño iban a ser el complemento perfecto. Aquí tenéis el resultado. A nosotros nos gustó mucho, así que esperamos que a vosotros también!. Y ya para finalizar aquí os dejamos una cantiga de Otoño muy hermosa que solemos cantar con los niños.





No hay comentarios: