jueves, 4 de octubre de 2018

COMEZAMOS UN ANO MOI ESPECIAL

Estimada Comunidade Educativa: 
Moi poucas cousas marcan tanto a vida das persas como o seu colexio. 
Cada mes de setembro as portas do noso centro ábrense para todos/as vós. Dentro estanvos esperando sacos cargados de ilusión, paciencia, traballo, esperanza, aventura, ledicia agarimo,... 
Pero este novo curso é en certa maneira moi especial, xa que celebramos 25 anos, dende que esas portas abriron por primeira vez. 
Grazas ás familias por confiarnos a educación e benestar dos seus fillos/as. 
Grazas a todos os profesionais que co seu quefacer diario levaron o CEE A Barcia sexa un centro de referencia na Educación Especial. 
Dende Equipo Directivo desexámosvos a todos/as un novo curso cheo de novidades, desafíos e satisfaccións.


2 comentarios:

fillikir72518 dijo...

There's noticeably a bundle to know about this. I assume you made sure good factors in features also. casino online

Jorge dijo...

Noraboa polos 25 anos!