miércoles, 17 de enero de 2018

PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR 2018

Estimados país e nais:
Xa tedes dispoñible na páxina de FADEMGA FEAPS GALICIA (Federación de asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual de Galicia) a través da sección “ documentos”, tódolos impresos necesarios para solicitar o PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR 2018.
Este servizo ofrece prestacións ás persoas con discapacidade intelectual para que os seus coidadores habituais poidan descansar ou recibir asistencia para un problema de saúde ou doutro tipo que lles impida prestarlle nese período toda a atención que requiren.
Os períodos de respiro familiar concéntranse habitualmente en pontes e períodos vacacionais.
Para máis información tamén podedes contactar a través do teléfono 981 51 96 50.


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CEE A BARCIA

No hay comentarios: