Este documento contén a programación para unha semana, en relación ao traballo de estimulación multisensorial que as familias poden realizar na casa. Para comezar e tomar contacto coa actividade esta semana proponse o seguinte:
ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS
- Realizar a actividade nun lugar agradable e tranquilo, coidando as condicións do entorno coma temperatura, luminosidade adecuada, aroma, música relaxante si procede, materiais motivantes e accesibles.
- Intentaremos estar o mais relaxados posible e buscaremos que aflore o mellor de nos mesmos para daren aos nenos e nenas.
- Seguir sempre os mesmos rituais de comezo e despedida da actividade, para eles é fundamental poder anticipar onde están, que actividades se van facer,…É importante darlles por anticipado a información que lles concierne.
- Coidar sempre a postura do neno, que se sinta cómodo e relaxado.
- Nombarlle ao neno as partes do corpo que estamos a traballar, e non esquecer que a comunicación debe impregnar todas as actividades.
- A sesión non debe durar máis de 25-30 minutos.
ACTIVIDADES TIPO (1º semana) para favorecer a integración corporal e sensorial do neno.
- Estimulación somática: masaxes con cremas/aceites en extremidades, abdomen, peito, costas e cara, utilización do secador para activar ou relaxar segmentos corporais, duchas secas e cepillado con sedas, plumeros,…
- Estimulación vibratoria: aplicar xoguetes vibradores (cara, cabeza, manos, brazos e pernas), experimentar con instrumentos (triangulo, xilófono…) desde distintas distancias.
- Estimulación olfactiva: perfumar xoguetes de peluches.
- Estimulación visual: nun cuarto escuro alternar luz e escuridade, proxección con lanternas, proxección de diapositivas en branco e negro, obxectos de desexo ao seu alcance.
- Estimulación na comunicación: a través do contacto corporal e diálogos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Déixanos un soño