Ola rapaces e rapazas do 3º nivel. As vosas mestras Laura e Paula preparamos estes recursos para que poidades traballar na casa. Así que xa sabedes, poñédevos mans á obra que cando volvamos preguntaremos!.
Queremos dicirvos que vos botamos moito de menos e temos moitísimas ganas de vervos.
Por último desexamos que esperamos que vós e toda a vosa familia esteades ben!
PARA EMPEZAR:
Sempre é bo comezar cunha canción que nos de enerxía e esperanza, así que vos propoñemos as seguintes (Estas cancións foron propostas polo alumnado, pero se coñecedes máis cancións non dudedes en envialas!)
- MADRE TIERRA: https://www.youtube.com/watch?v=VkuRIZ7QyDM
- COLOR ESPERANZA: https://www.youtube.com/watch?v=JXLjRDMFDPg
- QUÉROTE MÁIS: https://www.youtube.com/watch?v=gD6phVvqCUo
- YO CONTIGO, TU CONMIGO: https://www.youtube.com/watch?v=3SC0Ze4ta9o&list=PL0SLkBLCs9snoKWlpm5bAOTLAB8UR9Bj6
- SÚBEME LA RADIO:https://www.youtube.com/watch?v=9sg-A-eS6Ig
Como xa sabedes as aulas 3 e 5 temos un blog:https://cadadiaeespecial.blogspot.com/
Así que vos pedimos que toda achega ás actividades o fagades a través do mesmo.
RUTINA DIARIA:
É importante manter moitas das rutinas diarias que tiñan (xa que lle darán seguridade e tranquilidade):
- DATA: Día, número, mes e ano
- QUE DÍA É HOXE?, SE HOXE É …….. MAÑÁ SERÁ?, SE HOXE É …… ONTE FOI…?
- O NÚMERO DO DÍA (se tedes un calendario pode ir tachando os días que van pasando, tamén podedes contar desde o 1 ata o día que sexa…)
- EN QUE MES ESTAMOS? (podedes preguntarlle cantos meses ten o ano e dicir o seu nome).
- EN QUE ANO ESTAMOS?
- Por último dicir a data completa.
- QUE TEMPO FAI?
- Podedes mirar pola fiestra e describirlle o día (os que teñades terraza, finca…) podedes saír e que experimenten co tempo.
- Tamén podedes entrar na páxina de meteogalicia (https://www.meteogalicia.gal/web/inicio.action) e buscar a vosa localidade para indicar o tempo que di que vai facer.
- EN QUE ESTACIÓN ESTAMOS?
- Podedes preguntarlle cales son as estacións do ano e en que estación estamos.
- Escoitamos a Primavera de Vivaldi: https://www.youtube.com/watch?v=s2lbGix2wtE
- No seguinte enlace podedes ver un recurso elaborado polas titoras para traballar a primavera: https://www.slideshare.net/secret/GDySwmKLdNCa2m
- AS COMIDAS DO DÍA:
- Falade cos/coas vosos/as fillos/as do que van xantar, merendar e cear hoxe (dos ingredientes que levan e cómo se fan). Recomendamos facer partícipes ao alumnado das tarefas habituais dunha casa: limpeza e alimentación.
- ACTIVIDADES QUE VAN REALIZAR AO LONGO DO DÍA:
- E importante que o alumnado saiba que actividades vai facer ao longo do día (e en caso de que exista algunha alteración informádeo previamente).
A continuación indicamos diversas actividades a realizar:
- LECTURA (COMPRENSIÓN ORAL E ESCRITA)
Facendo clic podedes acceder aos capítulos do conto:
Despois de cada capítulo é importante que faledes do conto, que vos digan que é o que pasou, que personaxes hai, como cren que se senten os nenos/as ….
O “Club dos raros” que é o nome que se puxeron os/as alumnos/as ten un logo (que tamén foi creado por eles). que vos parece se na vosa casa o facedes entre tódolos membros da familia (se non tedes pintura de mans podedes debuxar a silueta das mans e despois pintalas e facer a composición do logo). No seguinte enlace podedes acceder á entrada do blog onde se ve como fixeron o logo.
O conto personalizado polo alumnado do 3º nivel e onde poden oír aos seus compañeiros.
c- LECTURA COMPRENSIVA:
No seguinte enlace podedes acceder a pequenos textos e actividades de comprensión lectora: http://www.ceiploreto.es/sugerencias/Comprension_lectora/portada1.html
d- CONTOS OQO EN YOUTUBE No seguinte enlace podedes ver contos da editorial OQO en Internet:
e- INICIACIÓN Á LECTURA
Nos seguintes enlaces podedes acceder a material elaborado no cole para traballar a iniciación á lectura:
f- APLICACIÓNS:
- AUDIOCUENTOS INFANTILES: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.bosquedefantasias.audiocuentos&gl=ES
- CUENTOS INFANTILES CON VALORES: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.bosquedefantasias.cuentos&gl=ES
- AUDIOCUENTOS: https://play.google.com/store/apps/detailsid=com.kaboom.apps.childrens.audiobooks&gl=ES
a- FICHAS DE GRAFOMOTRICIDADE (en caso de non dispoñer de impresora en casa podedes copiar as fichas).
b-PINTAR
- Pintar “Arcoiris: todo va a salir bien”. Unha proposta do Departamento de Orientación de Andújar para concienciar á xente para que quede na súa casa. Nun folio copiade e pintade este arco da vella. Unha vez rematado podedes colocalo na fiestra das vosas casas. Podedes limitar a zona de pintado (con silicona líquida, cunha roda dentada de costura …).
- Realizade un debuxo con moitas cores ou texturas para animar e dar esperanza a xente nestes días tan complicados. Tamén podedes inventar unha frase (enviádenos unha foto!).
- Pintar raias e figuras xeométricas: https://www.slideshare.net/ticceeabarcia/pintamos-230685814
- Facer nudos.
- Desatar nudos.
- Subir e baixar cremalleras.
- Abotoar e desabotoar botóns.
- Resgar papel.
- Recortar papeis.
d- APLICACIÓNS:
APRENDE A LEER Y ESCRIBIR:
TRAZAR LETRAS:
ESCRIBIR ALFABETO:
3- ACTIVIDADES DE ATENCIÓN, PERCEPCIÓN E MEMORIA:
a-Neste enlace podedes acceder a fichas de atención e percepción elaboradas no cole.
(no caso de non ter impresora podedes debuxar as fichas nun folio ou realizar unha captura de pantalla coa tablet/móbil e traballar co lapis/dedo. Para realizar o traballo usando o sentido do tacto podedes usar diferentes texturas para as formas, dar relevo coa roda dentada/silicona, facer presión co bolígrafo/lapis ao debuxar as formas e traballar pola parte de atrás do folio xa que o relevo será maior)
b- REALIZAR CLASIFICACIÓNS:
Podedes realizar diferentes clasificacións con obxectos que tedes na casa (diferente tipo de pasta, moedas, botóns…)
c- APPs PARA TRABALLAR
JUEGOS DE MEMORIA VISUAL:
RECONOCE Y DISCRIMINA LOS SONIDOS:
JUEGO DE MEMORIA. PICTURE MATCHA:
TERAPIA DE LENGUAJE Y COGNITIVA CON MITA:
ORDENAR Y APRENDER PARA NIÑOS:
Existen moitísimas aplicacións de balde en Google Play (que vos parece se nos enviades as aplicacións que lle gustan aos/ás nenos/as!).
4- CONCEPTOS MATEMÁTICOS:
a- SERIE NUMÉRICA:
- MATERIAL ELABORADO POLO CENTRO: https://www.slideshare.net/ticceeabarcia/numeros-do-1-ao-10
- ACTIVIDADES VIVENCIAIS: Podedes aproveitar garavanzos, pasta, lapis … para traballar as cantidades.
- APLICACIÓNS:
- APRENDER NÚMEROS: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.oki.numbers&gl=ES
- JUEGOS EDUCATIVOS. APRENDE LOS NÚMEROS:https://play.google.com/store/apps/detailsid=com.edujoy.baby.numbers&gl=ES
b- SUMAS E RESTAS:
- Problemas con obxectos: Unha das mellores formas de iniciarse nas sumas e nas restas e experimentando cos obxectos (lapis, garavanzos…) e seguindo as indicacións que lle deades. Por exemplo:
2- Agora saca 2
3- Cantos garavanzos tes?
- FACEMOS SUMAS: https://docs.google.com/file/d/0B0OtiEvBUyLfbzl1cEt4Unk1WHc/edit
- FACEMOS RESTAS:
- APLICACIÓNS:
- JUEGOS MATEMÁTICOS PARA NIÑOS:
- SUMAS PARA NIÑOS:
- SUMAS CÁLCULO MENTAL:
- SUMAS Y RESTAS PARA NIÑOS:
- EL MAESTRO. SUMAR Y RESTAR:
c- AS HORAS.
- HORAS EN PUNTO:
- https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2015/02/Vamos-a-trabajar-las-horas-en-punto.pdf
- TARXETAS PARA TRABALLAR AS HORAS:
- APRENDEMOS AS HORAS:
- APLICACIÓN:
- APRENDE LAS HORAS EN ESPAÑOL:
d- O DIÑEIRO
- CONTAMOS OS CARTOS: https://www.thatquiz.org/es/practice.html?money
- O EURO: http://www.uco.es/~ma1marea/euro/taller.html
- APLICACIÓNS:
- APRENDER A CONTAR DINERO:
- CONTAR DINERO. MONEDAS EUROS:
5- O XORNAL
Como xa sabedes as aulas 3 e 5 traballan co xornal tódalas semanas dentro do programa “Prensa Escuela” de “La Voz de Galicia”. Así que vos recomendamos que miredes o xornal cos/coas nenos/nenas e comentedes con eles as noticias que consideredes importantes ou curiosas.
A continuación deixámosvos o enlace a dous xornais:
6- PROXECTO “A ALDEA”
Este curso escolar estamos a realizar un proxecto sobre “As Aldeas”(coordinado pola biblioteca escolar).
Propoñémosvos a seguinte actividade: OS MONTES E FRAGAS
Contádenos no blog o nome das árbores e demáis vexetación que hai nos montes ou fragas das vosas aldeas. E tamén que nos mandedes un debuxo do monte/fraga das vosas aldeas.
7- EDUCACIÓN RESPONSABLE.
Propoñémosvos que un día de cada semana montedes unha pequena festa entre as persoas que esteades na casa (recordade que nunha festa ten que haber unha decoración, unha tarta e un motivo). Nestes días tan difíciles consideramos que é moi importante poder estar coa xente que queremos e é moi impostante que esas persoas saiban que as queremos moito.
Tamén vos pedimos que compartades con nós a vosa festa con fotos!
8- XOGOS EDUCATIVOS
DEIXAMOS AQUÍ O DOCUMENTO POR SE O QUEREDES DESCARGAR!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Déixanos un soño