Actividades para traballar na casa durante as medidas provisionais do COVID-19
Estimadas familias:
De acordo coa RESOLUCIÓN do 12
de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de
Sanidade.
“O
profesorado programará por medios telemáticos accesibles ao seu
alumnado (como páxina web do centro, abalar...), actividades
xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu
alumnado as poida realizar no seu domicilio e fará o seu
seguimento…”
ACTIVIDADES PARA TRABALLAR COS NENOS/AS DAS AULAS 9, 10
Facer tan só unha
ou dúas actividade de cada apartado (conceptos básicos, xogos,
contos e cancións), con descansos intercalados, e non máis de 4 ou
5 actividades por día.
Pódense explicar
por medio de laminas, debuxos, con pinturas, pero tamén por medio de
debuxos animados (recoméndase non só visualizar o vídeo, tamén
facer unha explicación con obxectos da casa):
Xogos de sinalar coa
vista por medio de plásticos/transparencias (cadros ETRAN). Por
medio destes cadros tamén se pode traballar o vocabulario, exemplo:
- Moitos - poucos:
- Diante - detrás:
- Esquerda - dereita:
- Enriba - abaixo:
- Dentro - Fora:
Conceptos
básicos para explicar:
https://www.aulapt.org/2016/09/03/conceptos-basicos-masha-oso/
- Se apaga a luz (ou con astucia), agóchanse detrás do neno/a e empezan a facer o ruído dun animal, o neno/a ten que intentar atopar o animal que se lle indica (coa mirada, sinalando, do xeito que utilizan para comunicarse), o mesmo xogo pódese facer con un so animal.
- Xogo similar: recoñecer a onomatopea que realice o familiar (pechar unha porta, mover unha cadeira, imitar unha ambulancia, ...). O mesmo xogo tamén se pode facer con dous ou tres instrumentos musicais e os nenos deben mirar cara o son que se lle indica.
- Xogo do veo-veo: en dúas modalidades, coas cousas que hai no entorno, pero acercándoas; e con fotos, laminas, ou proxeccións na pantalla ou televisor.
- Quen e quen?
- Recoñecer instrumentos pola vista, ben a través de laminas, debuxos,... ou tal como son na realidade.
- O profesor sitúa en cada esquina da sala un instrumento e o neno debe encontralo coa vista.
- Atención: O profesor imita unha serie de animais e o neno debe sinalar coa vista en que foto ou lamina están.
- Os nenos escoitan sons no que soamente intervén un instrumento, nun momento dado intervén o son dun animal, o neno debe mudar a súa expresión.
Contos (cada día pódese contar un)
- O rato de monte
- Cocorico
- Os contos do camino
- Os sete cabritillos
- Bebe bigotes
- Maruxa
- Rato Tom e Rata Tomasa
- A grande viaxe
- OQO filmes
- Me he perdido:
- Saltarina:
- Paquita la mariquita
- El viejo Árbol
- La oveja esquilada
- Los Tres Cerditos y el Lobo Feroz
Cancións infantís en galego.
- Cancións de Migallas: http://migallas.gal/pan_de_millo/
- Un feixe de cancions galegas: http://orellapendella.gal
- Popurrí cancións populares: https://www.youtube.com/watch?v=wV4Ir8gaVMU
Contos contados:
KALANDRAKA
TV: http://www.kalandraka.tv/gl/index.php
- O poliño da abeleira
- Animais
- P de papá
“A caixa sorpresa”
Nunha caixa de zapatos realizamos
un burato onde colla a man, podemos gardar obxectos que lle interesen
ou que pertenzan a un ou a varios grupos (animais, alimentos, figuras
xeométricas,..) ou texturas ( pezas de madeira, teas,) ou formas e
que teñan que ir sacando de un en un, sorprendéndose, manipulando,
nomeándoos, clasificándoos. Se teñen irmáns é unha actividade
que estes poden organizar. Tamén poden decorar a caixa dunha forma
atractiva.
Visualizar conxuntamente fotos da
familia en diferentes contornas, nomealos, describir os lugares,
crear algún collage, ou crear un tendal de imaxes …
Imos ao mercado!!!
Coller
revistas ou os catálogos dos supermercados ou outras tendas,
recortar ou escoller produtos e crear diferentes comercios
clasificándoos, crear o menú do día seguinte, facer a lista da
compra ou cousiñas para celebrar a súa festa de aniversario ou
outro evento próximo …
Con ritmo
Visualización
de cancións que impliquen movementos, ritmos, cambios de volume,
imitación, interacción... ¡Podemos acompañar con algún
instrumento, incluso algún elaborado de forma manual (encher unha
botella de auga con un puñado de garavanzos, arroz, un globo con
graos de arroz ou lentellas,...)
ACTIVIDADES PARA TRABALLAR COS NENOS/AS DAS
AULAS 11 - 12
- CANCIÓNS DE RUTINAS:
Esta semana
traballaremos o álbum “Fíos do querer”
A
cantiga “Bos
días ce orquestra”
para
saudar o novo día.
A cantiga “ Qué
ricos os bicos “para traballar o esquema corporal.
Para repasar os
membros da familia e os amiguiños do cole temos:
A cantiga de “Hola
Hola “de Mamá Cabra na súa versión karaoke.
Especialmente
para os alumnos das aulas 11 e 12 as mestras mándanlles estes sons:
- CONTOS:
A través da
seguinte proposta de contos semanais pretendemos continuar có
traballo xa iniciado con contos xa coñecidos polo alumnado a través
dos que traballamos aspectos como a comprensión, empatía, emocións
e comunicación.
Despois
da lectura/visionado do conto podemos traballar actividades que
desenvolvan a comprensión da historia xunto cós aspectos
comunicativos, facéndolles preguntas de si/non
sobre aspectos concretos do conto. Por exemplo: “foi o can que lle
fixo a caca á toupiña na cabeza” ou “foi un crocodilo o que
facía ric-ric na casa do Señor Ramón e da señora Ramona”.
Sería interesante
traballar cada un dos animais do conto reforzando o seu son, xa que é
o que o fai distintivo dos demáis. Por exemplo, a vaca fai: “muuu”
e reforzar as contadas coas cancións que se achegan sobre os dous
contos escollidos para esta semana.
- “A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA” (CONTO, CANCIÓN E CONTO ADAPTADO CON PICTOGRAMAS)
- “O SEÑOR RAMÓN E A SEÑORA RAMONA”
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Déixanos un soño