Natalia, Manuel, Diego, Mikel e Roberto queren compartir convosco a súa experiencia en Palma de Mallorca. Neste vídeo quedan reflexadas tódalas actividades que puidemos compartir cos nosos amigos de Palma de Mallorca e Murcia. Esperamos que vos guste.
jueves, 31 de mayo de 2012
martes, 29 de mayo de 2012
Saída ó Auditorio de Galicia: "A historia do rock"
O día 27 de Abril tivemos unha saída ó Auditório de Galicia para ver como José María Rey, locutor radiofónico de RNE, nos tiña preparada unha sesión DJ na que nos contaría a historia do rock dende Elvis ata Vetusta Morla.
Íamos con moita ilusión, xa que no cole o profe xa nos contara algo, pero non sabiamos o que nos tiña preparado José María.
Nada máis chegar atopámonos que o auditório estaba cheo de rapaces e rapazas impacientes porque escomenzase o espectáculo. Ademáis tíñamos unhas proxeccións audiovisuais que xunto coa música axudaríanos a que a sesión fose moi amena.
Xa dende o primeiro momento sentímonos moi entusiasmados coa música. Manuel alonso dixo que "Elvis Presley" lle soaba de escoitalo na clase. ¡Qué gran ledicia!, tan só había que ver cómo nos remexíamos sen acougar nos nosos asentos. O final tivémonos que poñer de pé para poder levar o ritmo con todo o corpo.
Algúns artistas facíasennos máis coñecidos que outros, normal sendo unha antoloxía dende os anos 50 ata a actualidade. Moitos de nós aínda non nacéramos cando estas bandas, Beatles, Rolling Stones, U2..., estaban dando que falar no seu tempo,pero a nós o que nos importaba eran as gañas de bailar que nos transmitían tanto os grupos coma o DJ. ¡Menuda marcha tíñamos!.
A medida que avanzaban no tempo xa nos ían soando algúns destes músicos: Michael Jackson, Amaral, Spice Girls...e o ambiente íase animando cada vez máis.
Qué pena que xa esteamos a rematar. Todo o bon remata e tiñamos que voltar para a escola, pero ca sensación de ter disfrutado moito coa música Rock.
Telmo
jueves, 17 de mayo de 2012
Coñecendo o CEE Son Ferriol
Seguimos a recibir novas dos nosos viaxeiros e son moi boas!. O martes estiveron coñecendo o CEE Son Ferriol, onde os recibiron no salón de actos do centro. Da nosa presentación encargouse o noso alumno Manuel Alonso, o que vedes na foto, e segundo os profesores acompañantes, estivo estupendo.
Despois das presentacións e tras tomar un bocadillo feito polos alumnos anfitrións, visitaron os distintos obradoiros do centro ( marquetería, cociña, xardinería e equinoterapia). Cada un dos talleres durou uns trinta minutos. Neles fixeron unhas galletas, montaron a cabalo, fixeron uns centros florais que decorarían a mesa da comida e tamén fixeron unha man de madeira no taller de marquetería. Aprenderon moito e o pasaron de maravilla.
Despois dos obradoiros celebrouse a comida no comedor do centro. O menú, realizado polos alumnos do CEE Son Ferriol, estaba composto de platos típicos de Mallorca, e polas noticias que nos chegan, foi moi do agrado dos nosos viaxeiros.
Seguiremos informando!
E o día de hoxe non podemos esquecer a celebración do "Día das letras Galegas" este ano adicado o escritor Valentín Paz Andrade. No seu momento poñerémosvos ó día das actividades realizadas no colexio para a súa conmemoración, pero polo de agora deixámosvos unha montaxe e imaxes que atopamos pola rede e que nos parece moi bonita. Feliz día a tódolos galegos!!
E o día de hoxe non podemos esquecer a celebración do "Día das letras Galegas" este ano adicado o escritor Valentín Paz Andrade. No seu momento poñerémosvos ó día das actividades realizadas no colexio para a súa conmemoración, pero polo de agora deixámosvos unha montaxe e imaxes que atopamos pola rede e que nos parece moi bonita. Feliz día a tódolos galegos!!
Seguimos recibiendo noticias de nuestros viajeros, ¡y son muy buenas!. El martes estuvieron conociendo el CEE Son Ferriol, dónde los recibieron en el salón de actos del centro. De nuestra presentación se encargó nuestro alumno Manuel Alonso, el que veis en la foto, y según los profesores acompañantes, estuvo estupendo.
Después de las presentaciones y tras tomar un bocadillo hecho por los alumnos anfitriones, visitaron los diferentes talleres del centro (marquetería, cocina, jardinería y equinoterapia). Cada uno de los talleres duró unos treinta minutos. En ellos hicieron unas galletas, montaron a caballo, hicieron unos centros florales que decorarían la mesa de la comida y también hicieron una mano de madera en el taller de marquetería. Aprendieron mucho y se lo pasaron de maravilla.
Después de los talleres se celebró la comida en el comedor del centro. El menú, realizado por los alumnos del CEE Son Ferriol, estaba compuesto por platos típicos de Mallorca , y por las noticias que llegan fue muy del agrado de nuestros viajeros.
¡Seguiremos informando!
Y hoy no podemos olvidar la celebración del Día das Letras Galegas que este año se dedica al escritor Valentín Paz Andrade. En su momento os pondremos al día de las actividades realizadas en el colegio para su conmemoración, pero de momento os dejamos un montaje de fotos que encontramos en la red y que nos pareció muy bonito. ¡Feliz día a todos los gallegos!
Y hoy no podemos olvidar la celebración del Día das Letras Galegas que este año se dedica al escritor Valentín Paz Andrade. En su momento os pondremos al día de las actividades realizadas en el colegio para su conmemoración, pero de momento os dejamos un montaje de fotos que encontramos en la red y que nos pareció muy bonito. ¡Feliz día a todos los gallegos!
martes, 15 de mayo de 2012
¡Chegaron a Mallorca!
Xa temos ós nosos rapaces por terras mallorquinas! Esta mesma mañá recibimos estas fotos do grupo no aeroporto de Palma. Cóntannos que a viaxe en avión resultou moi divertida e que están a pasar moito calor. Seguiremos informándovos de cómo vai a experiencia.
¡Ya tenemos a nuestros chicos por tierras mallorquinas! Esta misma mañana recibimos estas fotos del grupo en el aeropuerto de Palma. Nos cuentan que el viaje en avión resultó muy divertida y que están pasando mucho calor. Os seguiremos informando de cómo va la experiencia.
viernes, 11 de mayo de 2012
Expedición Mallorca
Como di a canción: “ Será maravilloso, viajar hasta Mallorca…”. Si, ímos
coñecer aos nosos /as amigos/as de Palma de Mallorca do CEE Son Ferriol. Tamén
viaxarán do CEE Enrique Viviente de Murcia outro grupo de rapaces/as para intercambiar experiencias durante catro
días. Xa vos contaremos á volta!
lunes, 7 de mayo de 2012
El curioso incidente del perro a medianoche
Autor: Mark Haddon
Traducción: Patricia Antón
Ediciones Salamandra S.A 2004
Traducción: Patricia Antón
Ediciones Salamandra S.A 2004
Da man do escritor británico Mark Haddon, que antes de pasarse á literatura foi profesor de nenos con minusvalías psíquicas e físicas, preséntovos o libro El curioso incidente del perro a medianoche".
Con esta novela, o autor gañou en 2003 o" premio libro do ano whitbread" , no ano 2005 o premio "mellor libro para xóvenes lectores" e no ano 2004 o "premio para escritores Commomwealth" como mellor primeiro libro.
A historia , escrita en primeira persoa , comeza cando Cristopher, un neno cunha particular forma de autismo (síndrome de Asperger) cumpre 15 anos. A través da sua peculiar mirada ó mundo, o protagonista afróntase á adolescencia, xa de por sí complicada, e a un misterio inesperado na súa familia.
Christopher é un neno peculiar. Coñece todas as capitais do mundo, pode explicar a teoría da relatividade ou recitar tódolos números primos ata o 7507, pero cústalle moito relacionarse coa xente.
É un libro cheo de tenrura , conmovedor, verosímil e moi divertido.
Espero que a súa lectura sexa de axuda para axudar a unha mellor comprensión do autismo, xa que éste pode adoptar diferentes formas .
Un saúdo:
Esperanza Rivas
Menú maio
MENÚS
CORRESPONDENTES Ó MES DE MAIO
CURSO 2011-2012
DÍA
|
BOCADILLO
DA MAÑÁ
|
COMIDA
DO MEDIODÍA
|
2
|
BOCADILLO DE XAMÓN COCIDO OU FROITA (1)
|
ENSALADA DE LEGUMES/FIDEOS
CON POLO/IOGUR
|
3
|
BOCADILLO
DE PEITUGA DE PAVO OU FROITA (1)
|
MELÓN CON XAMÓN
LOMOS DE PESCADA CON CHAMPIÑÓNS/PLÁTANO
|
4
|
BOCADILLO
DE QUEIXO OU FROITA (1)
|
CREMA DE VERDURAS/POLO
ASADO CON PATACAS COCIDAS
PÉXEGO EN XÁROPE
|
7
|
BOCADILLO
DE CHOCOLATE OU FROITA (1)
|
ENSALADA DE XOUBAS CON
TOMATE E OLIVAS
GUISO DE PASTA CON POLO E
COGOMELOS/PLÁTANO
|
8
|
BOCADILLO DE SALCHICHÓN
OU FROITA (1)
|
TORRADAS INTEGRAIS CON
TOMATE E QUEIXO
ARROZ CON LURAS/PERA
|
9
|
BOCADILLO
DE PEITUGA DE PAVO OU FROITA (1)
|
PISTO DE
CABACIÑA/LURAS Á ROMANA CON ENSALADA
PÉXEGO EN
XÁROPE
|
10
|
BOCADILLO
DE CHOURIZO OU FROITA (1)
|
MINESTRA
DE VERDURAS/ARROZ CON BACALLAU/AMORODOS
|
11
|
BOCADILLO
DE QUEIXO OU FROITA (1)
|
ENSALADIÑA
RUSA/ESPAGUETES Á BOLOÑESA/PELADILLO
|
14
|
BOCADILLO DE CHOCOLATE OU FROITA (1)
|
CREMA DE
VERDURAS/TENREIRA CON CHAMPIÑÓNS/PLÁTANO
|
15
|
BOCADILLO
DE MORTADELA OU FROITA (1)
|
ESPINACAS CON
BECHEMEL/FILETE DE PESCADA FRITO CON PATACAS
XEADO
|
16
|
BOCADILLO DE XAMÓN COCIDO
OU FROITA (1)
|
ENSALADA DE PASTA/MELVA Á
GALEGA/AMORODOS
|
21
|
BOCADILLO
DE CHOCOLATE OU FROITA (1)
|
MINESTRA DE V ERDURAS/PASTEL DE CARNE/AMORODOS
|
22
|
BOCADILLO
DE CHOURIZO OU FROITA (1)
|
ENSALADA DE
VERDURAS/LOMOS DE PESCADA CON CHAMPIÑÓNS
XEADO
|
23
|
BOCADILLO DE XAMÓN COCIDO
OU FROITA
|
MEXILLÓNS CON GUISO DE
TOMATE
FIDEOS CON POLO E
COGOMELOS/IOGUR
|
24
|
BOCADILLO DE PEITUGA DE
PAVO OU FROITA
|
MELÓN CON XAMÓN/PEIXE
ESPADA CON PATACAS/PLÁTANO
|
25
|
BOCADILLO
DE QUEIXO OU FROITA (1)
|
CREMA DE VERDURAS/POLO
ASADO CON PATACAS COCIDAS
PÉXEGO EN XÁROPE
|
28
|
BOCADILLO
DE CHOCOLATE OU FROITA (1)
|
ENSALADA DE XOUBAS CON
TOMATE E OLIVAS
GUISO DE PASTA CON POLO E
COGOMELOS/PLÁTANO
|
29
|
BOCADILLO DE SALCHICHÓN
OU FROITA (1)
|
TORRADAS INTEGRAIS CON
TOMATE E QUEIXO
ARROZ CON LURAS/PERA
|
30
|
BOCADILLO DE PEITUGA DE
PAVO OU FROITA
|
PISTO DE
CABACIÑA/LURAS Á ROMANA CON ENSALADA
PÉXEGO EN
XÁROPE
|
31
|
BOCADILLO DE CHOURIZO OU
FROITA
|
MINESTRA
DE VERDURAS/ARROZ CON BACALLAU/AMORODOS
|
(1)
Toman froita a media
mañá, en lugar de bocadillo, aqueles nenos que teñen tendencia ó sobrepeso.
Merendarán os alumnos/as que xantan na segunda quenda do comedor ás 15h.
miércoles, 2 de mayo de 2012
Convivencia CEE A Barcia-IES de Brión
O pasado xoves, recibimos unha visita moi especial. Os rapaces de primeiro de ESO do IES de Brión achegáronse a coñecer o noso colexio e a pasar unha mañá de convivencia con algúns dos nosos rapaces.
No IES de Brión están tratando o tema da diversidade, e a visita axudóulles a coñecer outras realidades diferentes á súa.
Recibímolos no salón de actos, onde Esperanza, a nosa Xefa de estudios, explicoulles as características do noso centro e as diferencias que pode haber respecto a un centro ordinario.
A continuación, os rapaces xogaron un partido de fútbol con equipos compostos por membros de ambos centros. Resultou moi divertido.
Tamén fixemos uns xogos co paracaídas e a continuación compartimos uns bocadillos e uns refrescos, momento que aproveitaron os rapaces para coñecerse un pouco máis.
Xa de volta ó salon de actos, os nosos convidados presenciaron un par de actuacións que os nenos do noso cole lle prepararon con moita ilusión. Unha delas era un pequeno baile e a outra a interpretación dun conto musicado titulado "Vitor vaise de excursión".
E xa para rematar, coñeceron algunhas das instalacións máis especiais do centro, como é a aula multisensorial, e presentóuselles este blogue co obxecto de que fagan algunha colaboración no mesmo nun futuro non moi lonxano.
A experiencia non puido ser máis positiva. Os nosos rapaces quedaron encantados de recibir a visita e de exercer de anfitrións. Esperamos que para eles resultara do mesmo xeito. Así o desexamos.
E para ilustrar esta mañá tan estupenda, aquí vos deixamos unha montaxe de fotos que reflexan o bo espíritu da experiencia. Esperamos que vos guste, sobre todo os nosos novos amigos de Brión. ¡Ata pronto!