miércoles, 2 de mayo de 2012

Convivencia CEE A Barcia-IES de Brión

O pasado xoves, recibimos unha visita moi especial. Os rapaces de primeiro de ESO do IES de Brión achegáronse a coñecer o noso colexio e a pasar unha mañá de convivencia con algúns dos nosos rapaces.

No IES de Brión están tratando o tema da diversidade, e a visita axudóulles a coñecer outras realidades diferentes á súa. 

Recibímolos no salón de actos, onde Esperanza,  a nosa Xefa de estudios, explicoulles as características do noso centro e as diferencias que pode haber respecto a un centro ordinario.

A continuación, os rapaces xogaron un partido de fútbol con equipos compostos por membros de ambos centros. Resultou moi divertido.

Tamén fixemos uns xogos co paracaídas e a continuación compartimos uns bocadillos e uns refrescos, momento que aproveitaron os rapaces para coñecerse un pouco máis.

Xa de volta ó salon de actos, os nosos convidados presenciaron un par de actuacións que os nenos do noso cole lle prepararon con moita ilusión. Unha delas era un pequeno baile e a outra a interpretación dun conto musicado titulado "Vitor vaise de excursión". 

E xa para rematar, coñeceron algunhas das instalacións máis especiais do centro, como é a aula multisensorial, e presentóuselles este blogue co obxecto de que fagan algunha colaboración no mesmo nun futuro non moi lonxano.

A experiencia non puido ser máis positiva. Os nosos rapaces quedaron encantados de recibir a visita e de exercer de anfitrións. Esperamos que para eles resultara do mesmo xeito. Así o desexamos. 

E para ilustrar esta mañá tan estupenda, aquí vos deixamos unha montaxe de fotos que reflexan o bo espíritu da experiencia. Esperamos que vos guste, sobre todo os nosos novos amigos de Brión. ¡Ata pronto!



5 comentarios:

  1. qué bonitas fotos! me alegro de que hayáis tenido todos una buena experiencia.
    por cierto, 'rapaz' creía que era una palabra informal-cariñosa que utilizabais allí en galicia para llamar a alguien, pero al leer esta entrada intuyo que es literalmente 'chico' o 'muchacho' en gallego. cada día se aprende algo nuevo. :)

    ResponderEliminar
  2. Ola olaa!! que fotos máis chulas; encántanme!! pois que sigades facendo cousas asi de boas e nós disfrutando véndoas. Que todo vaia bonito. Bicos pa todos. *samuel*

    ResponderEliminar
  3. Chema! estás aprendendo moito galego rapaz!!! un biquiño.

    ResponderEliminar
  4. Ola olaaaa Samuel!! a verdade é que estas actividades sempre funcionan ben. Xa sabes o festeiros que son os nosos rapaces e o que lles gusta recibir unha visita (xa sabes...). Un bico!

    ResponderEliminar
  5. estaba moi ben o vidio

    ResponderEliminar

Déixanos un soño