Traducción: Patricia Antón
Ediciones Salamandra S.A 2004
Da man do escritor británico Mark Haddon, que antes de pasarse á literatura foi profesor de nenos con minusvalías psíquicas e físicas, preséntovos o libro El curioso incidente del perro a medianoche".
Con esta novela, o autor gañou en 2003 o" premio libro do ano whitbread" , no ano 2005 o premio "mellor libro para xóvenes lectores" e no ano 2004 o "premio para escritores Commomwealth" como mellor primeiro libro.
A historia , escrita en primeira persoa , comeza cando Cristopher, un neno cunha particular forma de autismo (síndrome de Asperger) cumpre 15 anos. A través da sua peculiar mirada ó mundo, o protagonista afróntase á adolescencia, xa de por sí complicada, e a un misterio inesperado na súa familia.
Christopher é un neno peculiar. Coñece todas as capitais do mundo, pode explicar a teoría da relatividade ou recitar tódolos números primos ata o 7507, pero cústalle moito relacionarse coa xente.
É un libro cheo de tenrura , conmovedor, verosímil e moi divertido.
Espero que a súa lectura sexa de axuda para axudar a unha mellor comprensión do autismo, xa que éste pode adoptar diferentes formas .
Un saúdo:
Esperanza Rivas
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Déixanos un soño