Poden solicitar praza nos campamentos que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cunha idade comprendida entre os 11 e os 50 anos e presentan calquera tipo de limitación ou necesidade especial.
Os campamentos contan con aloxamento, manutención, un programa de actividades de animación sociocultural, material necesario para as actividades, equipo técnico de persoal especializado e atención sanitaria.
Os requisitos para solicitar praza son:
- ter recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33%
- ter unha idade comprendida de entre os 11 e os 50 anos
- estar empadroado nalgún concello de Galicia
- non padecer trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade, entre outros.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos
mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica
da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365). Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa.
Para máis información:
https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/campamentos-de-veran-especificos-para-persoas-con-discapacidade-2024
Para máis información:
https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/campamentos-de-veran-especificos-para-persoas-con-discapacidade-2024
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Déixanos un soño