domingo, 12 de noviembre de 2023

OUTONO XOVE

O pasado 27 de outubro abriu o prazo para inscribirse no programa da Xunta Outono Xove 2023. Un programa de educación non formal durante os fins de semana do outono con actividades formativas e de lecer para a mocidade durante os meses de novembro e decembro.

O programa está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 30 anos no momento de asistencia á quenda para a que se presenta a solicitude. Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30 anos.
As actividades comezarán a partir do 3 de novembro.

A cota de participación será de 25 euros. Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% deberán facer constar esta circunstancia no formulario de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisaran.

A reserva de praza efectuarase unicamente a través do formulario de inscrición que se poderá cubrir directamente na páxina web xuventude.xunta.es. As prazas asignaranse por estrita orde de chegada sempre e cando se cumpran os requisitos. Unha vez esgotadas crearase unha lista de reserva, tamén por orde de chegada.

Para máis información consultade o FOLLETO OUTONO XOVE (xunta.es)

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CEE A BARCIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Déixanos un soño