viernes, 19 de junio de 2020

2º NIVEL. BLOQUE VIII (Traballando na casa)

Ola nenos e nenas!!!!. Como estades?. Agora xa falta menos para que chegue o verán e poidades desfrutar da praia e da piscina como merecedes. Mandamosvos esta última entrega de actividades para que fagades na casa antes das vacacións. 
Pasade un bo verán!!!!. Vémonos en setembro. Un bico. Os titor@s do 2°nivel. 
Hola niños y niñas!!!!. Como estáis?. Ahora ya falta menos para que llegue el verano y podais disfrutar de la playa y la piscina como mereceis. Os mandamos esta última entrega de actividades para que hagais en casa antes de las vacaciones. 
Pasad un buen verano!!!!. Nos vemos en septiembre. Un beso. Los tutor@s del 2°nivel. 
  • Mirade que actividade máis divertida para facer cunha lanterna e descubrir os debuxos escondidos: 

  • Deixamosvos esta canción con pictogramas do" gallo Bartolito"que tanto vos gusta, e así tamen podedes traballar as onomatopeias nos animais. 

A modo de repaso do vídeo do Día do Medioambiente, mandámosvos unha serie de actividades para realizar con tino sobre toda a información extraída del. Lembrádesvos? 
Pois a facelas con xeitiño! 
ACTIVIDES PATRULLA RECICLADORA 

  • Actividades de grafomotricidad. Repasa la línea de puntos. 




  • Aqui vos deixamos para facer , unha bandexa sensorial con espaguetes pintados. Xa sabemos que é unha comida que vos gusta moito. Pois decídelle na casa que preparen algún de máis para preparar esta actividade. Poñemosvos o enlace para que saibades como pintalos: 

  • Que vos parece este xogo reciclando as botellas de plástico que temos na casa?. A nos parécenos moi divertido. Pegado ao fío podedes poñerlle unha bola de papel de aluminio no que envolverades algo , que podedes reutilizar. Animádevos a facelo!!!!!!.
  • Para descansar de tanto traballo deixamos uns cantos xogos que vos van encantarrrrr!!! 
A PESCAR COS PÉSSS!!! 
Necesitaremos un barreño con auga e outro sen auga. No que ten auga votamos unhas bolas de plástico. Sentados nunha cadeira intentaremos sacar as pelotas cos pes. Ánimo!!


ARCO DA VELLA DE M&M´S 
Só necesitamos unha bolsa de M&M´S, un plato fondo e unha pouca auga no fondo. Esperamos un pouco e walaaa!! Non vos resistiredes despois a comelos.


DIANA DE GLOBOS DE PINTURA. 
Vamos crear un cadro abstracto xogando ós dardos. Necesitamos: papel branco pegado nun corcho ou cartón grande, globos de auga, pintura lavable, dardos de plástico e chinchetas (para colgar os globos cheos de pintura no corcho ou cartón). Cando temos o taboleiro cos globos colgados, animamos ós nenos a que poñan a proba a súa puntería e exploten os máximos globos posibles. Cando non quede ningún, veremos unha auténtica obra de arte abstrata.


POMPAS DE XABÓN XIGANTES 
Creamos unha mezcla de auga xabonosa con xabón líquido de lavavaixelas e ½ de glicerina (podemos sustituir ésta por xel fixador do pelo ou azúcar glas). Mergullámolo nun soplador feito con dous paus e unha corda ou calquer obxeto en forma de aro con un pau nun extremo para sostelo, como por exemplo: raqueta sen rede, colador sen malla ou unha percha de arame dándolle a forma circular. Unha vez no líquido, movémolo lixeiramente para que se desprendan as burbullas. E a xogar!!!

  • Seguimos con unha boa colección de contos en directo. Esperamos que vos gusten:
  • E seguimos con contos, en galego e adaptados para TEA . Preciosos e abertos a todas e todos! 
Orellas de bolboreta:


 Chocolata: 

  • Por último decirvos que como temos por diante moitos días sen cole antes de reencontrarnos en setembro, ide repasando os números!!!                                                                                      Para o tal, e recomendable recurtar os números e traballalos coa axuda dunha persoa maior, atrevédesvos? 




RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN
  1. Intentar que se manteñan activos/as e que sigan un horario de rutinas: que non se esperten moi tarde, manter constante as horas do almorzo, xantar, merenda e cea, non deixar que vexan moito a televisión... 
  2. Darlles autonomia nas actividades diarias e deixarlles facer aquelas cousas que sexan capaces de realizar eles sós. (vestirse, desvestirse, axudar nas tarefas do fogar……). 
  3. Que realicen actividades e que vaian a lugares de ocio onde se divirtan e o pasen ben (xogos, praia, piscina….). 
  4. Tamén quizáis vos interesen os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade que oferta a Xunta na seguinte ligazón:                    https://politicasocial.xunta.gal/es/recursos/planes-y-programas/campamentos-de-verano-especificos-para-personas-con-discapacidad-2020
  5. Tedes ata o día 30 para anotarvos! 
  6. Debedes tentar pasar xuntos tempos de calidade en familia: lerlles contos, ir pasear, visitar a outros familiares, escoitar música…lembrarlles que xuntos, elas e eles e vós, sodes un grande equipo. 

FELIZ VERÁN!!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Déixanos un soño