viernes, 19 de junio de 2020

AUDICIÓN E LINGUAXE XI (Traballando na casa)

Boas de novo: 
Chegou a hora de despedirnos ata o novo curso! Despois destes meses de traballo e de ter que adaptarnos a novas normalidades, comezan por fin as vacacións e esperamos de verdade que todos os nosos rapaces e rapazas poidan desfrutar un montón no verán. Oxalá que todo sexan novas experiencias e moito aire libre, que de casa xa estamos todos algo cansos, non? 
Esta vez, dende o equipo de AL vos ofrecemos varias actividades que podedes ir facendo ao longo do verán. 
  • O verán é unha época para novas experiencias. No verán experimentamos novas emocións e sentimentos e todas estas vivencias nos axudan a medrar e a coñecer mellor o mundo que nos rodea. Por iso vos recomendamos varias actividades relacionadas coas emocións (vocabulario básico relacionado, comprensión de situacións e a súa relación coas emocións, como actuar cando nos atopamos dun ou outro xeito...).                                                                        Ademais, animámosvos a recoller en fotografías feitos que asociedes a estas emocións. Podémolas ver cos rapaces e rapazas á volta de vacacións e seguro nos resultarán moi útiles para seguir traballando e para que o noso alumnado nos poida contar o que fixo no verán. 



  • Recomendamos tamén que durante o verán sigades fomentando, sobre todo, hábitos e habilidades comunicativas coas voso fillos e fillas. Para iso podedes seguir estimulando a través de xogos e actividades para facer en familia que fomentarán todos estes aprendizaxes: xogar, cantar, ler ou contar contos, ver fotografías familiares ou imaxes que lles interesen e poder falar sobre elas (vocabulario, preguntas...), provocar pequenas conversas para que se expresen, xogar a adiviñas, xogos ou aplicacións para tablet (tedes unha entrada no blog con algún recomendado), etc. 
Antes de despedirnos e para que poidades empezar, deixámosvos cancións adaptadas e contos cos que seguro desfrutaredes. 

A RIANXEIRA


EL TRACTOR AMARILLO


LA FAMILIA PIG VA A LA PLAYA



A TOUPIÑAQUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA


Moi bo verán e boas vacacións para todos e todas. Esperámosvos en setembro con moita ilusión por saber todo o que fixestes no verán! 

Equipo de Audición e Linguaxe do CEE A Barcia

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Déixanos un soño