Ola rapaces e rapazas!
Que tal estades?. xa podemos saír a dar un paseo, así que queremos que vos animedes a dar un paseo diario.. Hai que facer exercicio!. Deixámosvos tarefas para realizar esta semana.
Un saúdo.
Hola chicos y chicas!. ¿Qué tal estáis?, ya podemos salir a dar un paseo, así que queremos que os animéis a dar un paseo diario. Hay que hacer ejercicio!. Os dejamos tareas para realizar esta semana. Un saludo.
PARA EMPEZAR:
Xa recibimos algunhas cancións para empezar o día (Moitas grazas Laura!)
- "El universo sobre mí" de Amaral: https://www.youtube.com/watch?v=NFary9e9jo0
- "Baila" de Grupo Bomba: https://www.youtube.com/watch?v=mFFtRwsysi8
- "Libre" de Nino Bravo: https://www.youtube.com/watch?v=7812dngARbk
RUTINA DIARIA:
Seguimos a traballar as rutinas diarias (actividades semanas anteriores).
E temos unha nova proposta (moi orixinal e que está a realizar unha familia). Imos facer un diario onde iredes contando o que facedes ao longo do día, aquelas cousas que consideredes especiais!.
E co seu permiso, utilizaremos o modelo:
ACTIVIDADES:
A continuación indicamos diversas actividades a realizar:
1- LECTURA (COMPRENSIÓN ORAL E ESCRITA)
- CONTO
Juan, o mestre da aula 9, elaborou un conto precioso sobre os cans que visitan o noso centro. Podedes ver o conto aquí:
Lede o conto 2 veces (ou máis se queredes) a continuación facede estes exercicios de comprensión do conto:
Queremos que nos contedes cal é o voso conto preferido e que nos fagades un pequeno resumen do mesmo, contándonos de que trata o conto. Escribídenos ao blog ou ao correo electrónico para contarnolo!.
- INICIACIÓN Á LECTURA
Repasamos o traballo realizado na semana pasada.
Traballamos estas novas sílabas “TA – TE – TI – TO - TU”.
Que vos parece se facemos un abecedario orixinal!. Mellor dito, temos que facer dous, xa que en Galicia temos dúas linguas (o galego e castelá). Unha vez que os rematedes tedes que responder a esta pregunta:
Existen diferenzas entre os abecedarios?, Cales son?
Na rede hai abecedarios moi orixinais e divertidos:
Elixe a resposta correcta en función do debuxo:
2- HABILIDADES MOTRICES COAS MANS.
- FICHAS DE GRAFOMOTRICIDADE (en caso de non dispoñer de impresora en casa podedes copiar as fichas).
3- ACTIVIDADES DE ATENCIÓN, PERCEPCIÓN E MEMORIA:
- ATOPA O INTRUSO: https://es.slideshare.net/ceeabarcia/atopa-o-intruso-233019611
- SEGUIMOS AS INSTRUCIÓNS:
4- CONCEPTOS MATEMÁTICOS:
Damos continuidade ás actividades propostas a semana pasada.
E para o alumnado da aula 3, preparados para sumar!
- Realizar as seguintes contas colocándoas previamente, en vertical:
440 + 558=
820 + 462=
999 + 113=
5 + 265=
393 + 31=
68 + 77 + 32=
52 + 46 +71 =
831 - 515 =
778 - 235=
605 - 324=
5- O XORNAL
Continuamos a traballar o xornal como as semanas pasadas.
6- VOCABULARIO
Cada un/una de voso ten que completar esta táboa e enviala ao noso correo.
- COÑECEMOS AOS SERES VIVOS
Non vos esquezades que Jorge (Educación Física), Marta e Telmo (Educación Musical), Rita (Relixión) e Javier (AL) tamén vos mandan actividades!. As Fisioterapeutas e os Educadores tamén deixaron traballo!.
Podedes descargar as actividades en galego e castelán aquí:
Podedes descargar as actividades en galego e castelán aquí:
CASTELÁN
GALEGO
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Déixanos un soño