miércoles, 13 de mayo de 2020

3º NIVEL BLOQUE V: TRABALLANDO NA CASA

Ola rapaces e rapazas!
Esperamos que todos e todas ben e que non perderades as ganas de traballar. Aquí vos deixamos novas actividades!
Hola chicos y chicas!
Esperamos que todos y todas estéis bien y que no perdierais las ganas de trabajar. Aquí os dejamos nuevas actividades.
Laura e Paula

LETRAS GALEGAS 2020 
  • Actividade Edilim sobre as Letras Galegas!.

Se o queredes descargar no ordenador, facede clic AQUÍ!
  • Cancións en Galego
Queremos que busquedes en youtube ou na rede cancións en galego, que falen de Galicia. Por exemplo “Amarás miña terra” de Lucía Pérez (enviádenolas por correo!). 

  • No colexio, cando hai unha conmemoración facemos un mural ou un cartel. Para as “Letras Galegas” propoñémosvos que pintedes estes carteis (podedes descargalos en horizontal ou vertical)



Podedes descargar as imaxes neste enlace: https://www.slideshare.net/ceeabarcia/carteis-letras-galegas
Queremos que deseñedes o voso cartel para este día, que sexa orixinal!. Cando os teñades queremos velos! 
  • O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) está a elaborar un material para traballar esta “Semana das Letras Galegas” que aínda que os actos oficiais foron pospostos ata o 31 de Outubro, no cole conmemoraremos este día. Estade pendentes do Blog!. 
  • A Real Academia Galega e os coordinadores/as dos Equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra teñen nas súas webs un material moi bonito e interesante, recomendamos que o visitedes. 

COMPRENSIÓN LECTORA 
  • LEMOS o conto: 
“A viaxe de Purpurina ou a historia dunha pinga de auga” de Xabier P. Docampo
Para ver o conto fai clic aquí: Visualizar obra e a continuación contestamos ás preguntas seguintes:

PREGUNTAS: 
    • Quen é Purpurina? 
    • Onde vivía? 
    • Con quen vivía? 
    • Como era Purpurina? 
    • A onde quería ir? 
    • Onde caeu? 
    • Quen máis había alí? 
    • Que oíu? 
    • Que pasou despois do ruído? 
    • Pasouno ben? Por que? 
    • Que pasou coas súas amigas? 
    • Que pasou despois? 
    • A onde chegou Purpurina? 
    • Que había alí? 
    • Onde quedou durmida? 
    • A onde foi despois Purpurina? 
    • Onde caeu despois? 
    • De onde viñan esas pingas? 
    • E a onde ían? 
    • Onde acababan? 
    • A quen viu despois? 
    • Como foi o final? 
    • Poderíase cambiar o final deste conto? 
    • A que che recorda este conto? 
    • Buscamos información sobre o autor. 
CREAMOS HISTORIAS 
Agora sodes vos os/as escritores/as. Tedes que crear una pequena historia seguindo as instrucións deste documento. 


CONCEPTOS MATEMÁTICOS 
Seguimos traballando o reloxo. Neste enlace podedes descargar/copiar moitas fichas! 

PRIMAVERA 
Continuamos aprendendo cousas sobre a Primavera, imos a coñecer aos animais da Primavera e propoñémosvos dúas actividades sobre eles. 

INICIACIÓN LECTURA 
Agora tócanos traballar as sílabas “LA-LE-LI-LO-LU”. 

SERIES 
Que tal coas series da semana pasada?. Aquí vos deixamos unhas pouquiñas máis! 

EL CLUB DE LOS RAROS 
Un novo capítulo do “El Club de los raros”!. 


Propoñémosvos a seguinte actividade: Coa vosa familia ou coas persoas coas que estedes convivindo estes días, inventádevos un nome para o Club. Mandarnos o nome ao correo!. E se ven acompañado dun debuxo moito mellor! 

EDUCACIÓN RESPONSABLE 
No blog tendes dúas actividade dentro do Programa Educación Responsable: 
Recordade que tamén hai actividades de Audición e Linguaxe, Educación Física, Relixión Católica, Educación Musical e o Servizo de Fisioterapia fixo unhas recomendacións para o alumnado que acude en grupo.

DESCARGA DE ACTIVIDADES
GALEGO


CASTELLANO

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Déixanos un soño