Ola nenos e nenas!
Aquí vos deixo unhas actividades para facer na casa estes días. Espero que vos e as vosas familias esteades moi ben!
Un saúdo
Rita
TRABALLOS PARA REALIZAR NA CASA EN TEMPO PASCUAL
1- Con que inxenio sodes capaces de montar este coelliño de Pascua!
- Podedes colorealo ó voso gusto.
- Poñédelle os ollos porque sen eles non vos pode ver.
- Facédelle a boca cos seus dentes e os bigotes.
- Recortade tódalas partes e pegade.
- Facédelle una foto para que todos o podamos desfrutar.
2º- Cales son as vosas dotes para colorear o noso amigo que quer saír do ovo!
3º- Tedes que ir unindo os números en orden e despois, coloreades o debuxo.
4º- Facede este sinxelo coelliño da seguinte maneira:
- Calcade a vosa man nunha folla.
- Recortar a man.
- Dobrar o dedo polgar e o medique como está na imaxe.
- Recortar o dedo medio ou corazón.
- Debuxar nos dedos índice e anular as orellas e debaixo a cara do noso coelliño.
Aquí vos deixo as actividades en PDF por se as queredes descargar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Déixanos un soño