miércoles, 22 de abril de 2020

TRABALLANDO NA CASA: MULTISENSORIAL IV

Unha semana máis, propoñemos una serie de pautas para traballar a Estimulación Multisensorial do noso alumnado nos seus fogares…. Xa somos expertos en estimular sensorialmente aos máis peques da casa!!!... E, por iso, imos recordar e ter presente, en todo momento, aqueles aspectos metodolóxicos máis importantes (xa comentados nas sesión anterires): 
ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS 
  1. Realizar a actividade nun lugar agradable e tranquilo, coidando as condicións do entorno coma temperatura, luminosidade adecuada, aroma, música relaxante si procede, materiais motivantes e accesibles. 
  2. Convertirémonos en persoas facilitadoras das capacidades comunicativas, é dicir, intérpretes. Facer de mediadores entre as conductas, ás veces, difíciles de interpretar e dotalas de significado, contido e intención. 
  3. O xogo debe ser o motor fundamental de cada sesión de estimulación sensorial o psicomotricidade que lle brindemos ao neno. 
  4. Para ampliar as nosas competencias neste ámbito e porque “una imaxe vale máis que mil palabras”, aconséllase o visionado de numerosos e interesantes videos e páxinas web en Internet para tomar ideas en relación a materiais, técnicas… (WWW. HOPTOY.ES , estimulación multisensorial en YOUTUBE ) 
ACTIVIDADES TIPO (4º semana) 
  • Estimulación Táctil: Nun balde cuberto de área, esconderanse pelotas de diferentes cores e tamaños. O neno que terá que atopar todas as pelotas no menor tiempo posible. 
  • Estimulación Visual: Vendarlle ao neno os ollos con distintos panos con diferentes grados de transparencias (tul, grasas,…). Poñer varios obxectos iluminados: xoguetes, mascota, lámpada, etc… E comprobar que algúns panos permiten percibir obxectos e outros non permiten ver nada. 
  • Estimulación Auditiva: Dispoñer tres botes iguales con diferentes materiais. Por exemplo: tornillos, xudías e arroz. Axitar os botes e identificalos según a intensidade do sonido que produzan. 
  • Estimulación Olfativa- Gustativa: Acercar ao neno diferentes algodóns impregnados con olores agradables e desagradables. Algúns olores agradables poden ser: colonia, aromas florais, herbas olorosas, alimentos dulces… Outros desagradables: cinza, vinagre, limón… O neno deberá ulir os diferentes algodóns, identificalos e expresar o seu agrado/ desagrado ante eles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Déixanos un soño