martes, 14 de abril de 2020

TRABALLANDO NA CASA: MULTISENSORIAL III

Unha semana máis, propoñemos un modelo para traballar a Estimulación Multisensorial dos nosos alumnos e alumnas nos seus fogares. Este documento pretende ser a continuación da actividade que xa comezamos a poñer en práctica e, por iso, é importante ter presente, en todo momento, as orientacións metodolóxicas xa comentadas nos documentos anteriores, así como tamén, engadiremos as seguintes reflexións: 
ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS 
  1. O xogo debe ser o motor fundamental de cada sesión de estimulación sensorial o psicomotricidade que lle brindemos ao neno. 
  2. Outro pilar importante nestas intervencións a nivel sensorial é o diálogo tónico-emocional, onde entran en xogo: a mirada, o contacto visual, os xestos, …o clima emocional no que se desenvolve a actividade. 
  3. Nas distintas estimulacións sensoriais propioceptivas teremos en conta os principios de simetría (intentar traballar ambos lados do corpo, buscando a mellor postura no neno), contraste (movemento/parada, rápido/lento, intenso/suave, forte/ débil…) e ritmo. 
  4. Despois de cada estimulación, deterse para observar se hai resposta no neno.(Tempo de cadencia, adaptándonos ao seu ritmo vital) 
ACTIVIDADES TIPO (3º semana) para favorecer a integración corporal e sensorial do neno, así como potenciar a súas capacidades manipulativas. 
  • Estimulación Propioceptiva: Movementos pasivos en nocellos, xeonllos, cadeiras e articulacións dos brazos, en todos os planos: flexións, rotacións, extensións,… Só se debe mover unha articulación, mentres as demais permanecen relaxadas. 
  • Traballo para facilitar a asimilación da división corporal: Aplastamentos lixeiros contra a colchoneta, imprimindo peso e calor coas nosas mans (ou con outros materiais, coma pelota ou globos…) nos músculos dos brazos, pernas, tronco e cara. 
  • Estimulación Quinéstesica: Proxección do corpo no espazo, a través da caída libre na colchoneta e observación de cómo caen os distintos segmentos corporais (brazos, pernas) Esta actividade ten moita forza activadora nos nenos e nenas, traballando o equilibrio e a percepción espacial. 
  • Estimulación da Coordinación Viso-motriz: Exercicios de fixación, seguimento e búsqueda visual con diferentes obxectos atractivos e motivantes para o neno, que buscarán a execución de exercicios de barrido e agarre destes obxectos (livián/pesado, grande/pequeno, rápido/lento) por parte do neno/nena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Déixanos un soño