Esperamos que estedes todos ben e que estes días pasen rápido para poder vernos de novo. Deixámosvos unhas actividades para que realicedes na casa.
Un saúdo
1. ACTIVIDADE XOGAMOS CO RITMO
Xa que estamos na
casa, imos tirar de recursos que hai por aquí, neste caso pinzas de pendurar a
roupa. Imos precisar 6 pinzas. Para saber o que tedes que facer ollade o vídeo
que está a continuación.
2. ACTIVIDADE DANZA CHINESA
Convídovos a facer
unha escoita activa da Danza Chinesa do compositor Tchaikovsky. A proposta é a
seguinte: tedes que facervos cun rotulador, cera, lapis ou o que teñades a man,
e intentar debuxar o que escoitades. Empregando simplemente liñas e puntos.
Déixovos a música
para debuxar e un vídeo de exemplo para sacar algunha idea.
3. ACTIVIDADE “QUEDAMOS NA CASIÑA”
Nesta proposta
anímovos a aprender esta cantiga que fala do que está acontecer nestas datas.
Para iso engado un
vídeo explicativo:
A continuación déixovos escrito as estrofas da cantiga:
A continuación déixovos escrito as estrofas da cantiga:
QUEDANDO NA CASIÑA
COIDAMOS DOS
DEMAIS
APERTAS E
ALOUMIÑOS
AXIÑA CHEGARÁN.
OICHES NON TE
ESQUEZAS
DE LAVAR BEN AS
MANS
POR RIBA E POR
DEBAIXO
BEN LIMPAS HAN
QUEDAR
SETE DIAS DA
SEMANA
SETE NOTAS HAS
CANTAR
SETE CORES MOI
FERMOSAS
NO SETE HAS DE
PINTAR.
Por certo, non sei
se sabiades que o Arco da Vella, tamén é denominado sete ou arco das sete
cores. Anímovos a que o busquedes na historia da Vella Lulula Ed. OQO. Aquí vos
deixo o enlace da Vella Lulula.
4. ACTIVIDADE “IMOS CONTAR UN CONTO”
4. ACTIVIDADE “IMOS CONTAR UN CONTO”
Co gallo da
conmemoración do Día Internacional do libro infantil e xuvenil, (2 de Abril),
cantaremos un conto, que algún pode que coñeza, O Coelliño Branco.
Achégovos o vídeo:
Pero para escoitalo tedes que cantar comigo esta estrofa:
Pero para escoitalo tedes que cantar comigo esta estrofa:
COELLIÑO BRANCO
BRANCO COELLIÑO
QUERIA FACER
UN RICO CALDIÑO
5. ACTIVIDADE DE RELAXACIÓN
E agora imos
escoitar esta fermosa canción de Magín Blanco, que nos lembra que nos momentos
difíciles debemos permanecer unidos. Podedes bailar ou buscar un sitio para
deitarvos a escoitala. Desexo que vos guste.
Aquí podedes descargar as actividades:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Déixanos un soño