Boas de novo.
Que tal a semana pasada? Puidestes xogar a moitas cousas, agardo que sí.
Parece que xa falan de deixar saír un pouco aos nenos e nenas, así como intentar volver as clases o antes posible, que ben!
Para esta semana seguimos con máis xogos coa mesma dinámica cos anteriores, a ver que tal se vos dan.
Imos traballar facendo xoguetes reciclados.
Imos traballar facendo xoguetes reciclados.
- O primeiro que faremos serán avións de papel para facelos voar e que cheguen moi lonxe ou voen moi alto, pintalos e decoralos da forma que máis vos guste.
- Arocesto. Co cartón grande dun papel de cociña, papel de aluminio,... pegado a unha base de cartón ou plástico faremos a base e os aros con cartón, papel de alumino,... Decorándoos de diversas cores.
- Yogurcesto. Cun envase de iogur, un cordel e unha pelota de papel de alumino, plastilina,... tratamos de meter a pelota dentro do iogur. Moita sorte.
- Indiaca caseira. Collemos unha bolsa de plástico e papel engurrado máis cinta adhesiva ou calquera adhesivo. Para xogar de maneira individual ou en parellas, tríos,...
- Encestar pelotas de ping pong soplando. As cadeiras de rodas poden probar este divertido xogo, pegando uns vasos de plástico ao final da mesa.
- Torre de rollos de papel hixiénico. No segundo nivel gozarán derrunbándoo.
- Xogos de canicas con tubos de papel hixiénico con puntuacións.
- Pescar tapóns de plástico nunha cubeta con palillos longos, 2 culleres ou só con 1.
- Pista de obstáculos con cartóns.
Penso que podedes pasar un bo rato en familia facendo estes ou outros xogos con material reciclado que hai pola rede que son moitos.
Claro que si podedes intentar todos pois mellor.
Non traducín ao castelán porque a explicación dos xogos non contén palabras moi difíciles e tamén porque unha imaxe vale máis que mil palabras.
Desexando vervos pronto a todas e todos, que pasedes unha boa semana.
Jorge.
Aquí tedes o arquivo en PDF por se o queredes descargar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Déixanos un soño