Bos días a todas e todos.
Hoxe comezamos o 3º trimestre e traballaremos novos contidos de E.F, así deixamos de traballar especificamente a expresión corporal e os bailes, aínda que sería bo traballar sempre un pouquiño nun rato que atopedes ao longo do día, para pasar a introducirnos nos xogos.
A idea segue sendo a mesma, propoñendo desta vez xogos de diversos tipos e que vos os adaptedes en función do número de persoas, materiais, dificultade,… para que vos sexan o máis prácticos posibles e poidades disfrutar deles. Ireivos presentando diversos xogos para traballar de maneira individual ou colectiva, con xogos tradicionais, populares,… e con diversos materiais, sendo creados ou que podedes ter na casa.
O traballo continua igual, propoñendo os xogos de carácter xeral ou adaptado a diversos niveis, se alguén precisa traballo máis específico pode contactar co equipo directivo e elas comigo.
Xogos diversos para xogar de maneira individual ou en parellas esta semana do 13 ao 19 de abril.
- Imitar diferentes animais que se vos ocorran.
- Saltar á corda como xa practicamos en diversas clases.
- Poñer unha corda nas costas como unha cola e intentar roubala ao resto e que non nola rouben a nós.
- Botar pelotas de diversos tamaños, pasarnos a pelota con outras persoas, polo chan, con bote, polo aire,coa man, co pé,…
- Intentar sacarlle a pelota aos que a están botando.
- Xogar con globos, sen que caian ao chan, contar o número de toques,…
- Intentar facer pompas de xabón coas mans, frotando ben e soprando.
- Xogar ao voleibol co globo e utilizando cadeiras ou unha mesa baixa como rede.
- Xogar aos bolos, utilizando de bolos diferentes envases como botellas de auga ,envases de lavalouzas,… As cadeiras poden usar un balón grande e empurralos nós ata que golpeen a pelota.
- Xogar ao baloncesto usando unha papeleira, un cubo, intentando encestar a diversas distancias. As cadeiras de rodas póñense os cubos a carón das cadeiras.
Un saúdo a todas e todos e agardando vervos o máis pronto posible e que estexades moi ben!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Déixanos un soño