lunes, 6 de abril de 2020

TRABALLANDO NA AULA: RELIXIÓN (BLOQUE II)

Ola nenos e nenas!. Esta Semana Santa está sendo un pouco rara, verdade?. Espero que esteades todos ben e con ganas de traballar. Déixovos aquí unhas actividades para que realicedes na casiña!

TRABALLOS DE PASCUA DE RELIXIÓN CATÓLICA 

COELLIÑOS DE PASCUA


É unha manualidade moi sinxela, divertida e ideal para estas datas. 
Materiais: 
  • Un prato de cartón 
  • Cartolina branca 
  • Papel de seda rosa 
  • Pegamento 
  • Cinta adhesiva 
  • Tixeiras 
  • Ollos móbiles 
  • Rotulador negro 
  • Un pulino de xeado 
Pasos 
  1. Corta a cartolina branca en forma ovalada para facer as orellas do coello. 
  2. Colle trozos de papel de seda rosa e pégaos sobre estas cartolinas brancas. Despois, fixa con cinta adhesiva as orellas pola parte traseira do prato. 
  3. Pega os ollos móbiles na parte dianteira do prato de cartón. 
  4. Para facer o fociño, recorta un círculo co papel de seda rosa e pinta con rotulador negro os bigotes e a boca do coelliño. 
  5. Pega o paliño de xeado na parte de atrás do prato para poder suxeitar a careta, e listo! 



Unha manualidade para facer uns divertidos coelliños de Pascua con los que os nenos pode xogar ou, incluso, decorar a súa habitación. 
Materiais 
  • Tubos de cartón 
  • Témpera branca 
  • Goma EVA 
  • Cartolina 
  • Tixeiras 
  • Pegamento 
  • Rotulador negro para facer a boca e os bigotes 
  • Algodón para a cola 
  • Ollos móbiles 
Pasos 
  1. Pinta o tubo de cartón coa témpera branca. Déixao secar. 
  2. Unha vez que o tubo esté seco, recorta a goma EVA branca para facer a forma das oreriñas do coelliño (tal e como se ve na imaxe). 
  3. Fai o mesmo coa goma EVA rosa, pero nun tamaño máis pequeno. 
  4. Cando teñas todos os recortes, pégaos de color rosa sobre os de color branco para facer  as orellas. Despois fíxalas na parte superior do tubo. 
  5. Para facer os dous pes ó coello, recorta tamén a goma EVA de color rosa (tal e como aparece na imaxe). Despois fíxalos na parte inferior da figura. 
  6. Utiliza tamén a goma EVA rosa para cortar un pequeno triángulo que será o nariz do animal. 
  7. Pinta os bigotes e a boca co rotulador negro. 
  8. Para facer a cola, colle un pouco de algodón branco e pégao na parte traseira do tubo.

OVOS DE CARTÓN DECORADOS PARA PASCUA. 


Recortade trociños de cartón con forma de ovos e despois os decorades como vos apeteza máis: pintar con ceras, rotuladores, pegarlle papeis de cores e formas diferentes, etc. 

COELLIÑO DE ALGODÓN COA FOTO DO ARTISTA 


Facede dúas figuriñas de cartolina con forma de ovo, pegade unha enriba da outra. Despois, na parte de arriba pegade unha foto do artista ou da persoa a quen pensades regalarlla. Despois pegade boliñas de algodón e debuxade as orellas e os pes que ides a engadir ó final.

Podedes descargar as actividades en PDF aquí:





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Déixanos un soño