Este documento contén a continuación da programación que, a semana pasada, comenzamos a poner en práctica: o traballo de estimulación multisensorial que as familias están a realizar nos seus fogares. Para continuar e dar sentido á actividade teremos presente, en todo momento, as orientacións metodolóxicas xa comentadas no documento anterior, así como tamén, añadiremos as seguintes reflexións:
ORIENTACIÓNS METODOLÓXICA
- A nosa intervención non só vai posibilitar a estimulación dos sentidos, senón tamén aproveitar a estimulación dos sentidos como un medio, como unha ponte que nos posibilita acercarnos ao neno e comunicarnos con el, conectarnos.
- Debemos reaccionar de forma inmediata, esaxerada e con forte emotividade, ante calquer intento de comunicarse do neno.
- Convertirémonos en persoas facilitadoras das capacidades comunicativas, é dicir, intérpretes. Facer de mediadores entre as conductas, ás veces, difíciles de interpretar e dotalas de significado, contido e intención.
- Nestas actividades que se proponen teremos como obxectivos prioritarios: potenciar a relaxación, a comunicación e a elección.
ACTIVIDADES TIPO (2º
semana) para favorecer a integración corporal e sensorial do neno, así como
potenciar a súas capacidades comunicativas.
- Estimulación vestibular (reaccións do equilibrio): actividades de balanceo, con materiais coma mecedora, hamaca, columpio, pelotas de gran tamaño... Estes movementos poden ser leves, para buscar a relaxación; ou rápidos, para lograr a activación, según sexa necesario.
- Estimulación táctil-háptica (o que sinten as nosas mans): depositar materiais na man hacia arriba (arena, arroz…) a diferentes temperaturas e pasar de man a dedos; frotamos as mans con crema ou talco; suxección de obxectos pequenos e sonoros, alternando as mans en cada exercicio; tirar obxectos sonoros ao chan; atrapar obxectos dende a posición de tumbado…son algúns exemplos.
- Estimulación gustativa: sazonar con líquidos doces xoguetes ou obxectos de dentición; esponxiñas de chuchar con líquidos de sabores agradables; dar xoguetes atractivos para potenciar a coordinación mano-boca, gusanitos, galletas de dentición…Nestas actividades favorecemos a capacidade de elección dos nenos, ante os estímulos ofrecidos.
- Estimulación acústica: audicións laterais (esquerda-dereita) con gravacións diversas (latidos de corazón, percusións rítmicas…) cada 20 segundos; manipulación de axoúxeres e xoguetes sonoros, pulseiras con campaniñas,…
- Estimulación na comunicación: a través do contacto corporal e diálogos. TODA A SESIÓNESTAREMOS EN CONTACTO ESTREITO E COMUNICATIVO CO/A NENO/A.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Déixanos un soño