lunes, 20 de enero de 2020

PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS, HORTALIZAS E LEITE

O NOSO COLEXIO PARTICIPA NO “PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FRUTAS, HORTALIZAS Y LECHE” DA UNIÓN EUROPEA COA AXUDA ECONÓMICA DA UNIÓN. 

Este ano o colexio participa no programa Aliménta-T ben da Consellería do Medio Rural e do Mar dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación. O obxectivo deste programa é a mellora dos hábitos alimenticios do alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leve a cabo accións educativas diversas a manter e fomentar nas escolas o hábito de consumo de froitas e lácteos. O noso centro participa nas seguintes modalidades do programa. 
  1. Froita na escola
  2. Lácteos na escola
O programa europeo “Leite nas escolas” anima aos nenos e nenas a consumir produtos lácteos e a manter unha dieta equilibrada. Tamén xoga un papel instrutivo ao apoiar o desenvolvemento dos bos hábitos alimenticios e nutricionais para toda a vida. A través do programa europeo Leite nas escolas, a Unión Europea proporciona subvencións ás escolas para que poidan proporcionar ao noso alumnado leite. 
O noso centro solicitou a través do FOGGA (Consellería do Medio Rural e do Mar) a axuda para a subministración de leite e froita ao noso alumnado. 
Dende o 15 de xaneiro, proporcionarase leite aos alumnos, subvencionado polo Plan de Leite nas escolas. O leite será repartido no comedor á hora do recreo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Déixanos un soño