jueves, 7 de noviembre de 2019

CARNÉ XOVE




É unha tarxeta persoal e intransferible á disposición dos mozos/as entre 12 e 30 anos. Ten unha vixencia de dous anos a partires da data de expedición.
Con este carné o voso/a  fillo/a obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40  países europeos adheridos ao programa do Carné Xove.
  • Campamentos da Xunta.
  • Cines.
  • Diferentes establecementos.
  • Eventos culturais
  • Etc.

Os establecementos adheridos podédelos identificar co símbolo.



Para facelo tedes que  cubrir un impreso de solicitude, acreditando a túa identidade co DNI ou pasaporte e pagar 6€ mediante o impreso das taxas
Os mozos e mozas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, terán dereito á expedición gratuíta deste carné. Así como as persoas vítimas de violencia de xénero e os  seus fillos/as.
As persoas que posúan o Carné Xove contan cun seguro de balde que cubre un  importante  número de continxencias. Aquí tedes algún exemplos, hai moitos máis:
  • Asistencia por accidente ou enfermidade durante a viaxe.
  • Asistencia por danos á equipaxe
  • Asistencia por atraso dos medios de transporte
  • Asistencia por responsabilidade civil
  • Cancelación da viaxe por folga.
  • Etc.

O carné xove pódese facer en:
  • Servizos de Xuventude dos Departamentos Territoriais da Consellería de Traballo  e Benestar. 
  • Nas oficinas municipais de información xuvenil  integradas na Rede Galega de información e documentación xuvenil
  • Centro Coordinador de información e Documentación Xuvenil de Galicia, en   Santiago de Compostela.
  • Oficinas de Abanca.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Déixanos un soño