lunes, 3 de abril de 2017


Como todos sabemos o 21 de marzo  da comezo a primavera. Pero o que moitos non saben e que tamén é o Día Internacional do Síndrome de Down.
Esta data foi escollida pola característica conxénita da trisomía 21, que determina o Síndrome de Down, en un pequeno xogo entre o número  21 e o número 3.
Calcúlase que en España hai máis de 35.000 persoas con Síndrome de Down, (os estudos din que somos o  país do planeta con menor número de persoas con esta discapacidade intelectual.).Pero o que si sabemos seguros, e que, non hai  2 persoas con síndrome de Down iguais. A mochila que todos levamos a costas, fainos diferentes.
O estilo de aprendizaxe, as familias coas conviven, as súas vivencias,as características físicas  e de saúde,  fan que cada unha das persoas sexa única.
Dende o noso centro queremos poñer o noso pequeno gran de área, en favor deste colectivo.
Por eles e para eles pedimos:
Máis medios educativos
Atención temperá
Unha vida de respecto e dignidade
Unha maior autonomía
Liberdade para tomar decisións
Igualdade  de oportunidades laborais
Máis compresión
Escoitemos a súa voz

O mural co que empezamos esta entrada foi elaborado polo grupo de alumnos/as que está con mestres/as pola tarde.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Déixanos un soño