miércoles, 13 de enero de 2016

PROGRAMA DE HABILIDADES SOCIAIS E DA VIDA DIARIA

Co fin de ofrecer ao noso alumnado unha maior calidade de vida e de educación, o pasado mes de decembro o Departamento de Orientación puxo en marcha un Programa de Habilidades Sociais e da Vida Diaria,para desenvolver cun grupo de alumnos/as do colexio.
Unha vez a semana,en pequeno grupo, traballaremos aspectos que incidan positivamente na súa autonomía,integración e independencia.

Desde pequenos,vivimos e desenvolvémonos dentro dunha sociedade,as relacións sociais e as habilidades  da vida diaria   dótannos de estratexias que nos permiten desenvolvernos dentro desa sociedade dunha maneira máis ou menos positiva.
Este Programa ten como obxectivo ofrecer os/as nosos alumnos/as experiencias e estratexias que lles doten de recursos para desenvolverse mellor na vida diaria.          
Pretendese que:
  • Sexan capaces de  elixir entre varias opcións.(a película que queren ver, o xogo ó que queren xogar, a roupa que queren mercar ou poñer,..)
  • Aprendan a expresar e recoñecer as emocións propias e alleas.  
  • Aprendan a dicir “no”
  • Recoñezan o seu proio corpo, e os cambios que nel vanse producindo. (pubertade, mestruación, masturbación,..)
  • Recoñezan e posúan recursos para evitar os abusos
  • Alcancen uns coñecementos mínimos sobre os cartos e para que se utilizan.
  • Recoñezan certos documentos imprescindibles nas nosas vidas: D.N.I, tarxeta sanitaria, tarxeta do bus,…
    PICTOGRAMAS ARASAAC
  • Aprendan a desenvolverse e actuar ante certas situacións: un incendio, perderse na rúa,…
  • Teñan capacidade para iniciar vínculos socias (iniciar conversacións, compartir cousas, facer cumpridos,dar queixas,quedar con amigos/as…)
Si tedes algunha inquedanza ou hai algún tema que pensedes sexa de interese para tratar dentro dese programa non dubidedes en poñervos en contacto co departamento de Orientación do colexio.
Ó longo do curso xa vos iremos informando con máis detalle da evolución do programa.
Un cordial saúdo


Departamento de Orientación do CEE A Barcia

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Déixanos un soño