miércoles, 29 de enero de 2014

Despedimos ó noso querido Honorato



Co remate do ano 2013, chegou ó seu fin a carreira profesional do noso querido Honorato. E recalco o de  profesional, porque na súa carreira persoal quédanlle millóns de cousas que facer e millóns de cousas das que disfrutar. Creo que todos aqueles que chegamos a este centro, sentímonos acollidos por un home traballador, comprensivo, "escoitador", preocupado pola nosa adaptación, disposto a ter unha boa conversa diante dun café nos tempos de descanso, repetuoso coas opinións contrarias e todo iso mesturado cun xeito de mirar a vida dunha maneira resolutiva e serea. Desexámoste todo o mellor compañeiro. Terás que vir de visita, aínda que sexa a traer unhas froitiñas dese xardín que tanto estarás a coidar. Botámoste de menos. Con moito cariño:
 
                                                            A comunidade do Cee A Barcia


Con el final del año 2013, llegó a su fin la carrera profesional de nuestro querido Honorato. Y recalco lo de profesional, porque en su carrera personal le quedan millones de cosas que hacer y millones de cosas de las que disfrutar. Creo que todos aquellos que llegamos a este centro nos sentimos acogidos por un hombre trabajador, comprensivo, "escuchador", preocupado por nuestra adaptación, dispuesto a tener una buena conversación delante de un café en los tiempos de descanso, respetuoso con las opiniones contrarias y todo esto mezclado con una manera de ver la vida resolutiva y serena. Te deseamos todo lo mejor compañero. Tendrás que venir de visita, aunque sea a traer unas frutitas de ese jardín que tanto estarás cuidando. Te echamos de menos.Con mucho cariño:

                                                              La comunidad del Cee A Barcia

lunes, 20 de enero de 2014

Festival de Nadal

Seguimos poñendonos ó día con cousas que nos quedaron pendentes do ano pasado. Nesta ocasión deixámosvos as fotos do festival de Nadal. Seguro que vos van gustar.

Seguimos poniéndonos al día con cosas  que nos quedaron pendientes del año pasado. En esta ocasión os dejamos las fotos del festival de Navidad. Seguro que os van a gustar.


sábado, 11 de enero de 2014

Unha de cociña ( mouse de turrón á mandarina)

Antes de nada, dende o Cee A Barcia, queremos desexarvos un feliz ano para todos aqueles que nos acompañades e nos seguides tan asiduamente. Esperamos que este ano veña cargado de cousas boas e que sigades a compartir con nós todas as nosas experiencias. 

 Todavía nos quedan cousas estupendas do ano pasado por contarvos. Despois de recibir ós Reis Magos, tivemos unha sorpresa no comedor. Temos a sorte de contar cun estupendo equipo de cociña que ademáis de alimentarnos moi ben, mímanos moito como así o demostrou coa comida do último día antes das vacacións de Nadal. Tratábase dun menú sorpresa, composto por un coctel de marisco e un xarrete estofado con guarnición de verduriñas. Todo estaba tan ben presentado e con tanto cariño que nos puxemos moi contentos. Foi todo un agasallo.

O noso equipo de cociña


Coctel de marisco

Xarrete con verduriñas

 Tamén tivemos un postre moi especial. Tratouse dunha mouse de turrón á mandarina que tivo moitísimo éxito. Ímosvos a deixar a receita porque aínda que xa pasou o Nadal, seguro que tedes algunha tableta de turrón que vos sobrou e non sabedes que facer con ela. Seguro que triunfaredes.

MOUSE DE TURRÓN Á MANDARINA


Ingredientes:
-700 ml de nata líquida
-300 gr. de turrón brando
-1 vaso de leite
-100 gr. de améndoas crocantes

Para a xuliana de mandarina confitada:
-1 mandarina
-2 culleradas de auga
- 2 culleradas de aceite de xirasol
-4 culleradas de azúcre

Preparación da xuliana:  
Cortar a monda da mandarina moi fina. Colocar todos os ingredientes nunha tixola. Deixar a lume baixo uns 30 minutos. Escorrer a monda para un coador e separar ben. Arrefriar.






 Preparación da mouse:
-Quentar o leite e disolver nel o turrón. Triturar.

 
-Deixar arrefriar esta mestura .
-Montar a nata engadíndolle o zume de media mandarina. 


-Mesturar a mandarina coa crema (mouse) de turrón con movementos envolventes.
-Encher copas ou cuncas e deixar na nevera unhas horas.
-No momento de servir engadirlle o crocante de améndoas  e a xuliana de mandarina confitada.


Esperamos que vos guste. Bo proveito!