jueves, 15 de noviembre de 2012

Nova sección: receitas

Hai algún tempo que o pai dunha das nosas alumnas fixo unha suxerencia para o blogue. Esta non era outra que introducir unha sección na que o noso equipo de cociña aportara receitas dos pratos que os  rapaces toman no comedor. Pareceunos unha idea moi boa e por iso hoxe inauguramos esta sección, que esperamos que poida ser de utilidade para vós.


LOMBO DE PORCO A LARANXA (4 persoas)

INGREDIENTES:
-Cinta de lombo enteira (500 g)
-Cebola (2)
-Porro (1)
-Cenoria (5)
-Laranxas (dous vasos de zume)
-Aceite ó gusto
-Viño branco ó gusto
-Sal, pementa ó gusto
-Maicena
-Champiñóns laminados
ELABORACIÓN:
Picamos as verduras e cubrimos a bandexa do forno con elas. Colocamos o lombo nesta cama e rociamos con aceite, viño branco e salpementamos ó gusto.



Prequentamos o forno uns minutos a 180ª C. Cando estea coa temperatura adecuada introducimos a bandexa que tiñamos previamente preparada e deixamos asar durante unha hora e media aproximadamente ata conseguir un ton dourado.




Retiramos a bandexa e reservamos as verduras e o seu xugo para posteriormente trituralas.


 


 Deixamos enfriar o lombo para logo proceder a cortalo en toros.


PARA A SALSA:
Facer zume de laranxa e reservar. Trituramos as verduras e pasámolas por un chinés. Nunha cazola engadimos as verduras tamizadas co seu xugo e un pouco de caldo (no seu defecto un pouco de auga), maicena ó gusto (para ir espesando a salsa) e deixamos mermar. Finalmente engadímoslle o zume de laranxa e os champiñóns.
Cortamos o lombo, colocámolo nunha bandexa e tapamos con esta salsa.






Pódese dar un toque de forno ó final para quentar a mestura.
Bo proveito!
O equipo de cociña


4 comentarios:

  1. UMMM!!Para chuparse los dedos. Creo que ahí no voy a dar encontrado trabajo de cocinera, porque teneis un equipo estupendo.
    Un saludo Cris

    ResponderEliminar
  2. Gracias Cris! Si ves ti para a Barcia faríades un equipo de concurso!! A verdade é que temos un eequqeipo de cociña de lujo!! Gracias por leernos!!!

    ResponderEliminar
  3. Parabéns ó CEE A Barcia por este estupendo blog que amosa o traballo de tantos profesionais pola mellora da vida deses nenos e parabéns por ese equipo de cociña, que polo que aqui se mostra cuida con mimo o paladar dos seus comensais. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas anónimo! alegrámonos de que che guste o blog. Dende logo que o noso equipo de cociña é excelente e fai o seu traballo con moita dedicación e agarimo. Grazas de novo.

    ResponderEliminar

Déixanos un soño